Paseo nocturno en bici

Como ven sendo habitual o vindeiro sábado día 3 de xullo ás 23 horas faremos o tradicional paseo nocturno en bici.

O percorrido é o de costume. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outros entre todos os participantes.
Tamén haberá un premio para a bici iluminada máis orixinalmente.
Procurade traer cascos e as bicis con iluminación, se é posible.

Contamos con todos! Ánimo, que de seguro pasaremos unha noite divertida!
Convence á tua familia e aos amigos!

2 comentarios:

Cosas mías: ...en una tarde de invierno dixo...

Todo Un éxito, hemos contabilizado 150 personas.
Lástima que se retrasase tanto el comienzo debido a que la Policía Municipal tuvo que atender un atropello, por lo que debimos esperar 45 minutos para comenzar.

ramón dixo...

certo, houbo moita xente. Felicidades a todos.