Non están de saldo, pero son dous nun día

O vindeiro domingo, día 30, ás 11 horas temos de novo cita no parque do Cavadelo, para participar no día da bici de Vilagarcía, organizado polo Concello. Esto débese a que o pasado día 9 de maio había pouca xente a causa do mal tempo e entón decidiuse repetir outro paseo, pero esta vez organizado polo Concello, non pola Deputación.

Contamos coa vosa participación e que difundades a noticia entre coñecidos e amigos.

O mesmo día 30, ás 17:30 horas celébrase o día da Bici en Vilanova de Arousa, organizado pola Deputación de Pontevedra. Dámonos cita alí a esa hora e ao rematar o paseo emprenderemos o regreso a Vilagarcía.

Día da bicicleta en Ribadumia

O vindeiro sábado, día 22 de maio, será o día da bici en Ribadumia ás 17 horas, con saída na Carballeira.

Con este motivo queremos invitarvos a que participedes e os que se animen xuntarémonos no Parque do Cavadelo ás 11:30 h. coa intención de ir comer ao Restaurante Tío Benito de Barrantes e despois participar no paseo polo Concello de Ribadumia.

O regreso a Vilagarcía será despois do percorrido que se faga por terras de Ribadumia.
Como sempre evitaremos as estradas principais e mais transitadas.