O itinerario está construído da seguinte forma:
Saída de Vilagarcía ás 10 horas desde o parque do Cavadelo ata Catoira por Bamio e Abalo. (11 Km.).
Todas aquelas persoas que prefiran incorporarse en Catoira, nos reagruparemos diante da Casa Consistorial de Catoira ás 11 horas.
Pasaremos diante das torres de Oeste, cruzando a ponte cara a Rianxo continuaremos aproximadamente un Km. cara a Dodro e entraremos por un percorrido de fermosas paisaxes pola rivera do Ulla.
Todo o tramo ata Padrón está protexido pola Rede Natura.Total percorrido 15 Km.
En Padrón aproveitando o día de feira entraremos nunha pulpeira onde comeremos: Polbo, Churrasco, Patacas, (todo o que se poña por diante).
A volta polo mesmo lugar, e se nos dá tempo e non estamos demasiado cansos aínda podemos percorrer o pequeno tramo de 2 Km. do paseo de madeira de Catoira.
Posteriormente regreso a Vilagarcía.
Esperemos que o tempo acompañe, e feliz día a todos os animados.
se queres ver fotos do percorrido, pincha aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario