CC.OO. Apuesta por la Bicicleta

Tal y como aparece publicado en la página oficial de CC.OO., esta organización propone a las empresas y a los poderes públicos facilitar el acceso en "Bicicleta" de los trabajadores a sus puestos de trabajo.
Solicitan entre otras cosas ventajas fiscales para aquellas empresas que fomenten el uso de la Bicicleta.

Facilitamos seguidamente el enlace para poder leer el artículo original:

Aromas da vendima

Unha das tarefas máis significativas da nosa contorna vaise a producir estes días.
O que até agora era un lugar de tranquilidade, acougo e soidade, convértese nun espazo de máxima actividade.
Esta actividade tradúcese nun trafego producido polo ir e vir de acios vendimiados ás adegas, cestas cheas, tractores repletos, xentes afanadas, familias enteiras ocupadas, nenos e maiores; todo é ambiente de traballo. Pero sobre todo impera algo no ambiente:
O aroma a vendima.
No aire respírase un certo cheiro a fresco harmonizado co inicio da fermentación. Dende logo hai que recoñecer que este ambiente só se vive unha vez ao ano, e por un período de tempo moi reducido. Por iso quixésemos aproveitar este momento, no que parece que o tempo é o noso aliado, e organizar unha saída a través do val do Salnés para vivir esta circunstancia única.
Sairemos Domingo 27 de setembro ás 10;30 dende o Cavadelo.
O percorrido será a través do concello de Cambados, Ribadumia, Meaño. Comida en Dena Parrillada O Compadre, paseo polas marismas de Dena e miradoiro. Volta pola costa.
Esperamos unha gratísima xornada e desexamos unha ampla participación.
Rogamos anticipédesnos a vosa asistencia a través do correo electrónico co fin de reservar sitio para a comida

Semana da Mobilidade

Con motivo da Semana da Mobilidade que se celebra do 16 ao 22 de setembro, Arousa en Bici en colaboración co Concello de Vilagarcía de Arousa, propón a celebración de tal evento cun paseo nocturno que terá lugar o próximo 19 de setembro (sábado) ás 21 horas no parque do Cavadelo.
Este paseo tal como é habitual sairá do punto de encontro con dirección a Vilaxoán, retorno a Carril e regreso ao Cavadelo dando por finalizado o evento.
Esperamos a asistencia masiva de socios e simpatizantes.