sábado, 20 de outubro de 2012

Vaibike




Con motivo da suspensión do servizo de Vaybike en Vilagarcía de Arousa, queremos advertir aos usuarios das bicicletas de uso público, do dereito que teñen de recuperar o importe proporcional da "Taxa" pagada.

Dita devolución levarase a cabo, mediante escrito dirixido ao Concello, e aportando o documento de ingreso da mesma.

Esperamos que esta información sexa útil para os usuarios prexudicados.


mércores, 3 de outubro de 2012

Saida Illa de Arousa


Como acordado na última asemblea realizaremos a RUTA DA ILLA DE AROUSA  o vindeiro Sábado 6 de octubro de 2012, saíndo ás 11:00 horas do Parque do Cavadelo en Vilagarcía.

ITINERARIO:
  • Dende o Parque do Cavadelo sairemos polo carril bici ata Vilaxoán, seguiremos polo Rial e pasaremos por As Sinas, Vilanova, Ponte da Illa e continuaremos ata o pinar do Furado (coa praia enfrente), onde faremos o pic-nic. Se o tempo o permite tamén se poderá desfrutar da praia.
  • Percorreremos a Illa coas paradas necesarias para contemplar, descansar ou relaxarse, . A meirande parte do percorrido é por itinerarios seguros: carril-bici, senda verde, camiños ou estradas pouco frecuentadas.
  • Pensamos estar de volta en Vilagarcía cara ás 20 horas.
  • Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. Recoméndase o uso de casco. 
DIFICULTADE:
Baixa.