mércores, 6 de maio de 2015

Rutas en bici

Na reunión mensual do 6 de maio programamos as seguintes rutas:

1. Ruta a Catoira:
  • Data: 10 de maio de 2015.
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:30 horas.
Saíremos cara a Catoira polo paseo marítimo e seguiremos despois pola estrada vella ata chegar ás Torres do Oeste. Visitaremos a zona percorrendo as distintas sendas.
Dificultade: Media
O píc-nic farase xunto ás Torres e se os asistentes así o deciden pode alargarse un pouquiño máis a ruta e comer na praia de Vilar (concello de Valga) limítrofe con Catoira.
O regreso será ao atardecer.

2. Ruta de Ramón Cabanillas:
  • Data: 17 de maio de 2015
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:00 horas.
Saíremos cara a Vilaxoán e pasaremos polo Pazo de Rúa Nova.
Durante a ruta en Cambados farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Contamos estar de regreso antes das 20 horas.

Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco.

xoves, 26 de febreiro de 2015

Entrevista có Señor Cores Tourís

O 25 de febreiro reunímonos o tesoreiro e o presidente co Señor Delegado Territorial de Pontevedra, señor Cores Tourís e có Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, José Luis Díez para ofrecer a nosa experiencia tanto no ámbito do ciclismo como no coñecemento da comarca".

A Xunta de Galicia licitóu o pasado 5 de xaneiro un contrato destinado a analizar os tramos de estradas autonómicas no Salnés nos que resulta conveniente construir sendas peoniles ou vías ciclistas para ofomento da mobilidade sostible e Arousa en Bici ofreceu a súa colaboración. Ver noticia no Faro de Vigo.

martes, 6 de xaneiro de 2015

Sendas peonís e carrís bici no Salnés?

Santiago, 5 de xaneiro de 2015.- A Xunta de Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas da comarca do Salnés nos que resulta conveniente desenvolver sendas peonís ou vías ciclistas en estradas de titularidade autonómica para fomento da mobilidade sostible. O goberno autonómico inverterá máis de 100.000 € na redacción do estudo, no que se proporán actuacións concretas que favorezan os desprazamentos a pe ou en bicicleta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas utilizará o produto destes traballos para programar un investimento de máis de 28 millóns de € de fondos europeos que o presuposto comunitario 2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia. 

Leer máis na páxina da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras.