Cancelación Magosto

Sentímolo moito. Non puido ser. O tempo non quixo ser o noso aliado e vémonos obrigados a suspender definitivamente o Magosto.

Queda tamén en suspenso a asemblea anual. O vindeiro mércores día 2 de decembro ás 19:30 horas na reunión mensual de Arousa en Bici na Casa da Xuventude fixaremos a data na que realizaremos a devandita asemblea. Comunicarase por correo electrónico ou por correo normal a todos os socios.

Nova posposición do Magosto

Como podedes constatar o mal tempo continúa este fin de semana polo que nos vemos obrigados a suspender o Magosto de Arousa en Bici e a súa Asemblea anual.

Convocámosvos para ao sábado 28 de novembro tal e como sinalamos anteriormente.

Esperemos que para esta terceira convocatoria nos acompañe o tempo.

Bicicletas de alquiler en Ferrol

El servicio de Alquiler de Bicicletas crece en toda la geografía. A día de hoy sale una noticia en La Voz de Galicia que nos indica que los municipios pequeños también se pueden beneficiar de este servicio mancomunándose.
Esperemos que todos los responsables de las instituciones locales tomen muy buena nota de ello.
¡¡Ánimo!!

Pena traidora, temos que pospor o Magosto

Que pena, pero está claro que a día de hoxe temos que suspender o Magosto de Arousa en Bici e a súa Asemblea anual.
Convocámosvos ao sábado 21 de novembro tal e como xa se expuxo no seu momento.
Esperemos que para esta nova convocatoria acompáñenos o tempo.
Sorte a todos.

Sábado 14 de novembro

O próximo día 14 de novembro realizaremos a Asemblea Anual Ordinaria da Asociación “AROUSA EN BICI”, coa seguinte Orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
  2. Memoria de actividades realizadas no ano 2008-2009.
  3. Propostas de actividades para o ano 2010.
  4. Balance económico.
  5. Presuposto económico para o ano 2010.
  6. Rogos e preguntas.

A reunión celebrarase no merendeiro de Fontefría no Xiabre, ás 16’30 horas en primeira convocatoria, e as 17:00 en segunda, coincidendo coa celebración do DÍA DO MAGOSTO. Se o tempo non o permite trasládase todo ao sábado seguinte, día 21 de novembro. Tamén pretendemos homenaxear ese día a algunha persoa que destaque polo uso cotián da bicicleta.


RESUMEN ACTIVIDADES:

20/12/2008: Participación na inauguración do servizo de préstamo de bicicletas en Pontevedra Pillabici. Fixemos unha valoración do servizo.


03/01/2009: Visita a Santiago para coñecer as bicis de uso gratuito. Encontro có Sr. Tuimil que nos explicou o funcionamento e puidemos ver as ventaxas e os defectos.

11/01/2009: Percorrido pola futura circun-valación de Vilagarcía de Arousa

14/02/2009: Cocido de carnaval en Cordeiro

Solicitude aparcamento Casa da Xuventude

01/05/2009 : Partícipación no día da bici en Cambados

10/05/2009: Día da bici en Vilagarcía

24/05/2009: Ruta polo Camiño Francés. Comida en Ribadumia. Participación no día da bici en Vilanova

06/06/2009: Participación no día da bici en Catoira.

13 e 14/06/2009: Vías verdes en Ponte da Lima

27/06/2009: Participación na volta á Illa de Arousa en Dorna

03/07/2009: Paseo nocturno en Vilagarcía

12/07/2009: Participación no día da bici en Vilalonga

17/07/2009: Inuguración das bicis de uso gratuito en Vilagarcía: VAIBIKE

29/08/2009: Participación no día da bici na Illa de Arousa

19/09/2009: Paseo nocturno en bici - Semana da mobilidade

27/09/2009: Ruta polo Salnés: Aromas de vendimia

28/09/2009: Entrevista coa Autoridade Portuaria

12/10/2009: Ruta Ramón Cabanillas en Cambados

18/10/2009: Paseo ciclista ata Padrón

Ao longo de todo o ano:

  • Varias entrevistas con Rosa Abuín
  • Creación e mantemento do Blog da Asociación.

14/11/2009: MAGOSTO NO XIABRE. Saía as 11 horas do Parque do Cavadelo. Comida conxunta no Xiabre ás 14 h. Magosto a partir das 16 horas.