xoves, 29 de xuño de 2017

Paseo nocturno

Como ven sendo habitual ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día 1 de xullo ás 23 horas a Asociación Arousa en Bici organiza o tradicional paseo nocturno en bici.

É unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Recordamos que é obrigatorio o uso do casco por menores de  16 anos.


Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.

Animádevos a participar que cantos máis sexamos mellor o pasaremos!!!

mércores, 6 de maio de 2015

Rutas en bici

Na reunión mensual do 6 de maio programamos as seguintes rutas:

1. Ruta a Catoira:
  • Data: 10 de maio de 2015.
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:30 horas.
Saíremos cara a Catoira polo paseo marítimo e seguiremos despois pola estrada vella ata chegar ás Torres do Oeste. Visitaremos a zona percorrendo as distintas sendas.
Dificultade: Media
O píc-nic farase xunto ás Torres e se os asistentes así o deciden pode alargarse un pouquiño máis a ruta e comer na praia de Vilar (concello de Valga) limítrofe con Catoira.
O regreso será ao atardecer.

2. Ruta de Ramón Cabanillas:
  • Data: 17 de maio de 2015
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:00 horas.
Saíremos cara a Vilaxoán e pasaremos polo Pazo de Rúa Nova.
Durante a ruta en Cambados farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Contamos estar de regreso antes das 20 horas.

Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco.

xoves, 26 de febreiro de 2015

Entrevista có Señor Cores Tourís

O 25 de febreiro reunímonos o tesoreiro e o presidente co Señor Delegado Territorial de Pontevedra, señor Cores Tourís e có Xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, José Luis Díez para ofrecer a nosa experiencia tanto no ámbito do ciclismo como no coñecemento da comarca".

A Xunta de Galicia licitóu o pasado 5 de xaneiro un contrato destinado a analizar os tramos de estradas autonómicas no Salnés nos que resulta conveniente construir sendas peoniles ou vías ciclistas para ofomento da mobilidade sostible e Arousa en Bici ofreceu a súa colaboración. Ver noticia no Faro de Vigo.

martes, 6 de xaneiro de 2015

Sendas peonís e carrís bici no Salnés?

Santiago, 5 de xaneiro de 2015.- A Xunta de Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas da comarca do Salnés nos que resulta conveniente desenvolver sendas peonís ou vías ciclistas en estradas de titularidade autonómica para fomento da mobilidade sostible. O goberno autonómico inverterá máis de 100.000 € na redacción do estudo, no que se proporán actuacións concretas que favorezan os desprazamentos a pe ou en bicicleta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas utilizará o produto destes traballos para programar un investimento de máis de 28 millóns de € de fondos europeos que o presuposto comunitario 2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia. 

Leer máis na páxina da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras.

mércores, 24 de decembro de 2014

Eloxio da bicicleta

Barcelona consolídase como 'cidade intelixente' avanzada coa aposta casi pioneira pola bici eléctrica.

Aconsellamos a lectura de Elogio de la bicicleta, un artigo de Xavier Bru de Sala en El periódico. Como podemos ver Barcelona vai estar a vangarda non soamente da bici co seu bicing senón tamén coa bici eléctrica para dar acceso á bici tamén a aquelas persoas que teñan dificultades para ir a zonas altas da cidade. Vese realmente que se aposta pola mobilidable sustentable.

mércores, 24 de setembro de 2014

Ruta con pícnic a Padrón


Aproveitando o bó tempo realizaremos una saída a Padrón o domingo día 28 de setembro de 2014, saíndo ás 10:30 horas do Parque do Cavadelo en Vilagarcía.

ITINERARIO:
  • Dende o Parque do Cavadelo sairemos polo carril bici ata Bamio e Catoira. Atravesaremos a ponte sobre o río Ulla e chegaremos a Padrón polo concello de Dodro percorrendo a ribeira do Ulla (espazo protexido pola rede Natura).
  • Todos aqueles que prefiran iniciar o percorrido en Catoira, reagruparémonos ás 11;30 h. diante do Concello.
  • Faremos o pic-nic na carballeira de Santiaguiño do Monte en Padrón.
  • O regreso será por Pontecesures pola beira do Ulla e utilizando os viais paralelos á vía do tren.
  • Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco. 

Animádevos a asistir que seguro que pasaremos unha xornada divertida!!