mércores, 6 de maio de 2015

Rutas en bici

Na reunión mensual do 6 de maio programamos as seguintes rutas:

1. Ruta a Catoira:
  • Data: 10 de maio de 2015.
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:30 horas.
Saíremos cara a Catoira polo paseo marítimo e seguiremos despois pola estrada vella ata chegar ás Torres do Oeste. Visitaremos a zona percorrendo as distintas sendas.
Dificultade: Media
O píc-nic farase xunto ás Torres e se os asistentes así o deciden pode alargarse un pouquiño máis a ruta e comer na praia de Vilar (concello de Valga) limítrofe con Catoira.
O regreso será ao atardecer.

2. Ruta de Ramón Cabanillas:
  • Data: 17 de maio de 2015
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:00 horas.
Saíremos cara a Vilaxoán e pasaremos polo Pazo de Rúa Nova.
Durante a ruta en Cambados farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Contamos estar de regreso antes das 20 horas.

Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco.