luns, 26 de setembro de 2011

Saida Ourense


Paseo fluvial sobre o río Miño.

O vindeiro domingo 02/10/2011, organizaremos unha saída por Ourense, ao longo do paseo do río Miño un 10 Km. en bicicleta.
Itinerario:
  • 11:00 Encontro na estación de autobuses de Ourense (Está perfectamente indicada, saíndo da autovía pola 1ª saída).
  • Iremos en coche ata o encoro, pola estrada de Ponferrada.
  • 11:30 Saída en bicicleta ata a pasarela de Outariz, a través da marxe esquerda do río.
  • 12:45 Chegada ás termas de Outariz, con posibilidade de baño, polo que se lembra a necesidade de levar bañador.
  • 14:00 Subida ata o pobo de Untes onde comeremos en casa Silvino (especialidade en anguías fritas, pementos de arnoia…).
  • 16:30 Retorno ao coche.
  • Posibilidade dun último baño rápido.
  • 19:00 Retorno a casa.

Esperamos pasar unha xornada agradable.
Esperamos e desexamos a máxima participación.
Rogamos a todos os interesados sírvanse comunicar a súa asistencia canto antes, a través do noso correo electrónico ou persoalmente á directiva.

xoves, 15 de setembro de 2011

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

Como de costume colaboramos co Concello de Vilagarcía con motivo da Semana Europea da mobilidade que ten como lema este ano: Desprázate de forma eficiente: mellora a túa mobilidade!
Veleiquí o programa ao que vos invitamos a participar:


Semana Europea da Mobilidade

Do 16 ao 22 de setembro de 2011

PROGRAMA

DO SÁBADO 17 AO XOVES 22

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS E BICICLETAS ANTIGAS

Pavillón feiral de FEXDEGA

SÁBADO 17

12:30 horas

Inauguración da Exposición de Fotograafías e bicis antigas.

Pavillón feiral de FEXDEGA

21:30 horas

Paseo nocturno en bici.

Saída do parque do Cavadelo.

Percorrido: O Cavadelo, Vilaxoán, Vilagarcía, Carril, O Cavadelo.

DOMINGO 18

13:00 horas

Talleres de reparación e mantemento de bicicletas.

17:00 horas

Proxección da Película La Bicicleta de Sigfrid MONLEÓN

DO LUNS 19 AO XOVES 22

de 18:00 a 20:30 horas

Talleres de reparación e mantemento de bicicletas.

Charlas de educación vial e proxeccións.

Circuito de Educación Vial (uso libre).

Pavillón feiral de FEXDEGA

MARTES 20

12:00 horas

Carreira de Medios

Saída Praza de Galicia