mércores, 9 de xuño de 2010

Fin de semana en Ponte de Lima

Data da saída: 10 - 11 de xullo de 2010.
Sairemos ás 9:00 h. do aparcadoiro do supermercado Lidl nas Carolinas.
Destino: Ponte de Lima, aproximadamente 90 minutos de coche. O transporte vai por conta de cada un; sería posible que Arousa en Bici se fixese cargo do transporte dalgunha bicicleta, para iso haberá que avisalo con antelación.
Desenvolvemento:
Chegaremos a Ponte de Lima, descargaranse as bicicletas, e iniciaremos a marcha ata Ponte da Barca, un percorrido duns 18 Km. Alí comeremos, e despois de dar un paseo pola vila, regresaremos a cear e a durmir a Ponte de Lima.
Ao día seguinte despois de almorzar, volveremos tomar a Ecovía, esta vez en dirección sur cara a Viana do Castelo, dando a volta polo mesmo camiño á hora necesaria para retornar á hora de comer a Ponte de Lima.
Despois de comer regresaremos a Vilagarcía.
Como anotarse:
Os interesados terán que enviar un correo electrónico antes do 20/06/2010 á asociación, indicando: nome, teléfono de contacto, e número de persoas interesadas.
Correo da Asociación: arousaenbici@gmail.com
En caso de non dispor de correo pódese comunicar a calquera membro da directiva ou na tenda de bicicletas Motobazar.


Como mostra pódese ver unha galería de fotos pinchando no enlace anterior.

Esperamos contar co maior número de xente posible, e que esta experiencia sexa o máis grata posible para poder repetila.

Anímate e anótate!
Será un percorrido inesquecible!

1 comentario:

Vitor Rodrigues dixo...

Ola amigos,

Depois de pasear na Ecovia dos Açudes (Ponte da Barca) e das Veigas (Viana do Castelo), proxectem pasear na Ecovia das Lagoas, espazo natural moi fermoso!
http://www.ciclovia.com.pt/ciclovias/1norte/1viana/riolima/rllagoas.html
http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/
Bos paseos,