Eloxio da bicicleta

Barcelona consolídase como 'cidade intelixente' avanzada coa aposta casi pioneira pola bici eléctrica.

Aconsellamos a lectura de Elogio de la bicicleta, un artigo de Xavier Bru de Sala en El periódico. Como podemos ver Barcelona vai estar a vangarda non soamente da bici co seu bicing senón tamén coa bici eléctrica para dar acceso á bici tamén a aquelas persoas que teñan dificultades para ir a zonas altas da cidade. Vese realmente que se aposta pola mobilidable sustentable.

Ruta con pícnic a Padrón


Aproveitando o bó tempo realizaremos una saída a Padrón o domingo día 28 de setembro de 2014, saíndo ás 10:30 horas do Parque do Cavadelo en Vilagarcía.

ITINERARIO:
  • Dende o Parque do Cavadelo sairemos polo carril bici ata Bamio e Catoira. Atravesaremos a ponte sobre o río Ulla e chegaremos a Padrón polo concello de Dodro percorrendo a ribeira do Ulla (espazo protexido pola rede Natura).
  • Todos aqueles que prefiran iniciar o percorrido en Catoira, reagruparémonos ás 11;30 h. diante do Concello.
  • Faremos o pic-nic na carballeira de Santiaguiño do Monte en Padrón.
  • O regreso será por Pontecesures pola beira do Ulla e utilizando os viais paralelos á vía do tren.
  • Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco. 

Animádevos a asistir que seguro que pasaremos unha xornada divertida!!

Semana Europea da Mobilidade

(Do 16 ao 21 de setembro de 2014)
Como de costume colaboramos co Concello de Vilagarcía con motivo da Semana Europea da mobilidade que ten como lema este ano: Unha rúa mellor é a túa elección


Veleiquí o programa:

  1. CIRCUITO DE EDUCACIÓN  VIAL (PARA ESCOLARES)
    • PAVILLÓN FEXDEGA
    • MÉRCORES 18 ATA O DOMINGO 22
    • 17 horas 20 horas
  1. EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS NON CONTAMINANTES
    • PAVILLÓN FEXDEGA
    • VENRES 19 A DOMINGO 21
    • 17:30 horas 20:30 horas
  1. TALLER DE APRENDIZAXE "ANDAR EN BICI" (Previa cita)* .
  2. TALLER DE REPARACIÓN DE BICICLETAS (TODAS AS IDADES)
    • VENRES 19 e SÁBADO 20
    • De 17:30 a 20:30
    • PAVILLÓN DE FEXDEGA
  1. PASEO  NOCTURNO EN BICI (O Cavadelo, Vilaxoán, Vilagarcía, Carril, O Cavadelo)
    • PARQUE DO CAVADELO
    • SÁBADO 20
    • 21:00 horas 
  1. PASEO ATA CARRIL E VILAXOÁNEN CONTINUO. A idea é recordar os anos de comezo da nosa Asociación baixo o lema De Carril a Vilaxoán unha carreiriña dun can.
    • DE CARRIL A VILAXOÁN E VICEVERSA
    • DOMINGO 22
    • A partir das 11:30 h.

Entrevista

A raíz da entrevista que se lle fixo a Emilio González a posteriori do paseo nocturno do pasado 12 de xullo o xornal el Faro de Vigo publicou o luns día 14  na edición de Arousa o seguinte artigo no que se amosan algunhas inquedanzas de Arousa en Bici.

Paseo nocturno

Como é habitual nestas datas, o vindeiro sábado día 12 de xullo ás 23 horas a Asociación Arousa en Bici organiza o tradicional paseo nocturno en bici.

Esta é unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

O percorrido é o de costume. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Solicítase dos participantes que leven cascos e as bicis con iluminación, se é posible.
Animádevos a participar que cantos máis sexamos mellor o pasaremos!!!

Asemblea xeral

Na reunión do pasado 25 de xuño tivo lugar a Asemblea Xeral e renovouse a Xunta Directiva, quedando coa composición seguinte:

Presidente: Emilio González Acuña
Vicepresidente: Manuel Louzán Sabarís
Secretaria: Anne Baudat
Tesoreiro: Francisco Cuba Couzo
Vocais:
Luciano Martínez de las Heras
José A. Padín Abal
Dimas Real Rojas
Roberto Vidal Valtuille


Na devandita Asemblea entre o Presidente e os asistentes faise unha relación das accións que se están levando a cabo, das que están programadas e daquelas que se suxiren na asamblea:
Ademáis das habituais no verán:  paseo nocturno do 1º sábado de xullo propóñense: 
·        Setembro:
o      Semana da mobilidade:
§       20: Paseo nocturno.
§       Taller de reparación de bicicletas.
§       Taller de aprendizaxe a montar en bici (Segundo petición)
§       21: “Carril- Vilaxoán, unha carreiriña dun can”.
§       Encargar camisetas de “A carreiriña dun can”.
o      Rutas no outono:
§       Padrón
§       Cambados
§       Telleiras
  • Pedir presupostos co ánimo de propoñerlle aos socios o encargo de camisetas (por demanda) como as que fixemos co lema de De Carril a Vilaxoán unha carreiriña dun can
  • Incluír no blog da Asociación a información das rutas que se organizan ao longo do ano.
  • Presentar un escrito ao Concello e ás autoridades do porto para reiterar as nosas preocupacións cara o posible perigo que presentan as vías do tren nos tramos en que esas se cruzan co carril bici.
  • Facer xestións co Concello e coa Policía Municipal para que coloquen ben os sinais do carril bici a Vilaxoán xa que poden ser perigosos para os ciclistas.

Seis mentiras sobre la bici

Moi interesante este artigo  Seis  mentiras sobre la bici de eldiario.es, no que Pedro Bravo, autor do libro Biciosos, desmonta seis argumentos que habitualmente van asociados ao uso da bicicleta.

Biciosos, de Pedro Bravo, é un libro sobre “por qué imos en bici e outras preguntas que un se fai cando vai a pedais”.
Pedro Bravo pregúntase en Biciosos por qué van en bici todos aqueles que o fan, que cada vez son máis. E tamén por que debería ir ainda máis xente. Porque ainda que nos custe admitir, dende a cima do noso progreso, as sociedades occidentais están nun proceso de cambio con consecuencias de todo tipo e o uso da bicicleta como medio habitual de transporte en moitas ciudades do mundo é un dos síntomas deste cambio, e probablemente o máis positivo de todos.