Santiago, 5 de xaneiro de 2015.- A Xunta de
Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de
estradas autonómicas da comarca do Salnés nos que resulta conveniente
desenvolver sendas peonís ou vías ciclistas en estradas de titularidade
autonómica para fomento da mobilidade sostible. O goberno autonómico
inverterá máis de 100.000 € na redacción do estudo, no que se proporán
actuacións concretas que favorezan os desprazamentos a pe ou en
bicicleta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
utilizará o produto destes traballos para programar un investimento de
máis de 28 millóns de € de fondos europeos que o presuposto comunitario
2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia.
Leer máis na páxina da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras.