luns, 22 de novembro de 2010

MAGOSTO NO XIABRE

O vindeiro sábado 27 de novembro celebraremos o noso tradicional magosto en Fontefría.
Como todos os anos sairemos en bicicleta ás 11 da mañá desde o parque do Cavadelo.

A comida será sobre as 14 horas, e a partir das 16 da tarde empezaremos a asar castañas.
Como sempre, estaremos no monte ata que o corpo aguante.


Esperamos máxima asistencia.