luns, 20 de setembro de 2010

Paseo nocturno en bici




O vindeiro sábado día 25 de setembro ás 21:30 horas faremos un paseo nocturno en bici, nestas datas da Semana da Mobilidade

O percorrido é o de costume. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas entre todos os participantes.
Procurade traer cascos e as bicis con iluminación, se é posible.

Contamos con todos! Ánimo, que de seguro pasaremos unha noite divertida!
Convence á tua familia e aos amigos!

Ningún comentario: