Por terras do Grove


O vindeiro domingo 26 de setembro de 2010, e despois do terrible esforzo realizado a noite anterior (Paseo Nocturno), convocámosvos a unha bonita excursión.

Empezaremos saíndo en coche desde Vilagarcía, lugar de costume, Parque do Cavadelo, a unha hora prudente: 10:30 da mañá. Comprendemos que a véspera deitámosnos tarde debido ao citado Paseo Nocturno.

A saída coas bicicletas darémola ás 11 da mañá no parque de Dena, onde deixaremos os coches aparcados.

Percorreremos as marismas, cheas xa de aves acuáticas, continuando ata a praia da Lanzada, visitando a Igrexa. O que queira, e se o tempo acompaña, terá tempo a pegarse un chapuzón.

Continuaremos polo carril bici que nos conduce a San Vicente do Mar, paseo pola vila e comida nalgún restaurante.

Pola tarde poderemos achegarnos O Grove se é que nos dá tempo.

Espero que todos gocedes do paseo
Ánimo, contamos con todos!

Ningún comentario: