venres, 11 de novembro de 2011

Magosto

Por causa das inclemencias do tempo, e dado que a previsión meteorolóxica segue sen ser favorable, vémonos obrigados a pospor o magosto para o vindeiro sábado, día 19 de novembro.
A convocatoria será nos mesmos termos da anterior, é dicir:

  • Saída do Cavadelo ás 11:00.
  • Comida ás 14:00.
  • Magosto a partir das 16:00.

Esperemos mais sorte neste segundo intento.
Saúdos.

Ningún comentario: