xoves, 3 de novembro de 2011

12 de novembro: Magosto

O vindeiro sábado 12 de novembro celebraremos o noso tradicional magosto en Fontefría (se o tempo o permíte).
Como todos os anos sairemos en bicicleta ás 11 da mañá desde o parque do Cavadelo. A comida será sobre as 14 horas, e a partir das 16 da tarde empezaremos a asar castañas.
Como sempre, estaremos no monte ata que o corpo aguante.
Esperamos máxima asistencia.

Ningún comentario: