Asemblea xeral da Asociación

Na reunión do pasado 15 de novembro tivo lugar a Asemblea Xeral e acordáronse cambios na Xunta Directiva, que queda coa composición seguinte:

Presidente: Emilio González Acuña
Vicepresidente: Manuel Louzán Sabarís
Secretaria: Mar Cuba Cabrera
Tesoreiro: Francisco Cuba Couzo
Vocais:
Javier Acosta Crespo
Luciano Martínez de las Heras
José A. Padín Abal
Roberto Vidal Valtuille

Na devandita Asemblea entre o Presidente e os asistentes faise unha relación das accións que se están levando a cabo, das que están programadas e daquelas que se suxiren na asamblea:
Ademáis das habituais: participación en días da bici, magosto e paseo nocturno propóñense:
  • Solicitar tanto á Deputación como ao Concello a preparación de beirarrúas para bicicletas ou arcéns de uso compartido.
  • Solicitar ao Concello que se limpe o carril-bici e as rúas en vilagarcía para evitar pinchazos.
    Creación dun blog da Asociación.
  • Comprar un disco externo para ir gardando todo o material (correo, fotos, informacións) que sexa de interese para a Asociación.
  • Institucionalizar unha saída grande anual na primavera (incluíndo sábado e domingo).
  • Facer de agora en diante unha reunión mensual os primeiros mércores de cada mes ás 19:30 horas na Casa da Xuventude.
  • Facer algunha ruta máis, por exemplo, a de Valle Inclán e a de Ramón Cabanillas co ánimo de poñelas ao servizo das Comunidades Educativas dos Institutos e Colexios.

Ningún comentario: