Segunda saída Cicloturista do ano

Para celebrar o día das letras galegas dende Arousa en bici realizamos a segunda saída cicloturista do ano.

Dende a Ciclovía de Rodrigo de Mendoza dirixímonos ao Concello de Cambados onde realizamos un percorrido literario e recitamos uns versos de Ramón Cabanillas; na súa Casa Natal, na escultura de Asorei, á beira da escola onde estudou no Convento de San Francisco e no bosque da Pastora. Neste último lugar realizamos un picnic e compartimos viandas.

Para realizar este roteiro utilizamos vías rurais que nos levaron nun percorrido cultural polo Concello de Vilanova de Arousa, con paradas no Pazo de Rua Nova, na igrexa de San Miguel de Deiro e no Pazo de Pedra da Fragua.

Queres a acompañarnos no noso próximo roteiro? Faite socio!

Ningún comentario: