Paseo nocturno en bici

Como habitualmente facemos ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día 9 de xullo de 2022 ás 22:00 horas a Asociación Arousa en Bici en colaboración co Concello de Vilagarcía e Protección Civil organiza o tradicional paseo nocturno en bici.

É unha das actividades que se organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Lembrádevos de revisar a vosa bicicleta e utilizade o equipo necesario (casco e chaleco, se tendes), así como de seguir as instruccións da organización. Recordade que é obrigatorio o uso do casco por menores de 16 anos.

Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.

Ningún comentario: