xoves, 29 de xuño de 2017

Paseo nocturno

Como ven sendo habitual ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día 1 de xullo ás 23 horas a Asociación Arousa en Bici organiza o tradicional paseo nocturno en bici.

É unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Recordamos que é obrigatorio o uso do casco por menores de  16 anos.


Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.

Animádevos a participar que cantos máis sexamos mellor o pasaremos!!!

Ningún comentario: