martes, 2 de xullo de 2013

Ruta Illa de Arousa

O vindeiro Sábado día 6 de xullo de 2013, con saída ás 11:00 horas do Parque do Cavadelo en Vilagarcía faremos a Ruta ata a Illa de Arousa.
ITINERARIO:
  • Dende o Parque do Cavadelo saíremos polo carril bici ata Vilaxoán, seguiremos polo Rial e pasaremos por As Sinas, Vilanova, Ponte da Illa e continuaremos ata o pinar do Furado (coa praia enfrente), onde faremos o pic-nic. Tamén se poderá desfrutar do mar e da praia.
  • Percorreremos a Illa coas paradas necesarias para contemplar, descansar ou relaxarse. A meirande parte do percorrido é por itinerarios seguros: carril-bici, senda verde, camiños ou estradas pouco frecuentadas.
  • Pensamos estar de volta en Vilagarcía cara ás 20 horas.
  • Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. Recoméndase o uso de casco. 
DIFICULTADE:
Baixa, excepto a subidiña no Rial.
Animádevos a participar que seguro que pasaremos unha xornada divertida.

Ningún comentario: