xoves, 27 de setembro de 2012

A Padrón coa merenda


Domingo 30 de setembro de 2012


O itinerario está construído da seguinte forma:

Saída de Vilagarcía ás 10 horas desde o parque do Cavadelo ata Catoira por Bamio e Abalo. (11 Km.).

Todas aquelas persoas que prefiran incorporarse en Catoira, nos reagruparemos diante da Casa Consistorial de Catoira ás 11 horas.

Pasaremos diante das torres de Oeste, cruzando a ponte cara a Rianxo continuaremos aproximadamente un Km. cara a Dodro e entraremos por un percorrido de fermosas paisaxes pola rivera do Ulla.

Todo o tramo ata Padrón está protexido pola Rede Natura.Total percorrido 15 Km.

En Padrón aproveitando o día de feira daremos una volta polo mercado.

Como transportamos nosa propia comida, pararemos dependendo das circunstancias nalgún lugar agradable dos moitos que existen polo percorrido.

A volta será por Ponte Cesures, accedendo pola beira do Umia a Catoira, aproveitando os novos camiños asfaltados á beira da vía do tren.

Posteriormente regreso a Vilagarcía.

Esperemos que o tempo acompañe, e feliz día a todos os animados.




2 comentarios:

Carlos dixo...

Sólo quería agradeceros la acogida en vuestro grupo por un día. Salu2 a to2

Paco dixo...

Muchas gracias, Carlos, ya sabes, cuando quieras.