domingo, 3 de xuño de 2012

RUTA DA ILLA DE AROUSA

O vindeiro Domingo 10 de xuño de 2012, con saída ás 11:00 horas do Parque do Cavadelo en Vilagarcía faremos a Ruta ata a Illa de Arousa.

ITINERARIO:
  • Dende o Parque do Cavadelo saíremos polo carril bici ata Vilaxoán, seguiremos polo Rial e pasaremos por As Sinas, Vilanova, Ponte da Illa e continuaremos ata o pinar do Furado (coa praia enfrente), onde faremos o pic-nic. Se o tempo o permite tamén se poderá disfrutar da praia.
  • Percorreremos a Illa coas paradas necesarias para contemplar, descansar ou relaxarse, . A meirande parte do percorrido é por itinerarios seguros: carril-bici, senda verde, camiños ou estradas pouco frecuentadas.
  • Pensamos estar de volta en Vilagarcía cara ás 20 horas.
  • Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. Recoméndase o uso de casco.
DIFICULTADE:
Baixa, excepto a subidiña no Rial.
Animádevos a participar que seguro que pasaremos unha xornada divertida.


Ningún comentario: