luns, 26 de setembro de 2011

Saida Ourense


Paseo fluvial sobre o río Miño.

O vindeiro domingo 02/10/2011, organizaremos unha saída por Ourense, ao longo do paseo do río Miño un 10 Km. en bicicleta.
Itinerario:
  • 11:00 Encontro na estación de autobuses de Ourense (Está perfectamente indicada, saíndo da autovía pola 1ª saída).
  • Iremos en coche ata o encoro, pola estrada de Ponferrada.
  • 11:30 Saída en bicicleta ata a pasarela de Outariz, a través da marxe esquerda do río.
  • 12:45 Chegada ás termas de Outariz, con posibilidade de baño, polo que se lembra a necesidade de levar bañador.
  • 14:00 Subida ata o pobo de Untes onde comeremos en casa Silvino (especialidade en anguías fritas, pementos de arnoia…).
  • 16:30 Retorno ao coche.
  • Posibilidade dun último baño rápido.
  • 19:00 Retorno a casa.

Esperamos pasar unha xornada agradable.
Esperamos e desexamos a máxima participación.
Rogamos a todos os interesados sírvanse comunicar a súa asistencia canto antes, a través do noso correo electrónico ou persoalmente á directiva.

Ningún comentario: