martes, 7 de xuño de 2011

Ruta da auga

Domingo, 12 de xuño de 2011.

Por invitación da asociación viguesa "A Golpe de Pedal", o vindeiro domingo acudiremos á saída que organizaron, chamada "Ruta da auga".

Discorre por terras viguesas e morre en Redondela, serán en total 36 Km.

A saída ten lugar ás 11:00 da mañá (punto de encontro en Vigo "Aqualia", Rua Cantabria, s/n), e chegaremos bordeando a ladeira do monte ata Redondela.

O camiño por onde discorre é moi cómodo, ten un desnivel dun 3%. As vistas son formidables, xa que en todo momento divisamos a Ría de Vigo e Arcade, illa de San Simón, etc.
Finaliza a ruta nun lugar de descanso con mesas, onde faremos a comida. Por tanto, como sucede nestes casos, levaremos a nosa comida ao lombo e compartiremos cos demais.

Para estar á hora indicada, Arousa en Bici, organizará unha caravana que sairá ás 10:00 horas do aparcadoiro do supermercado "Dia" nas Carolinas.

Contamos con todos para pasar un bonito día.


1 comentario:

Jose dixo...

Hola, a miña famiia e mais eu pasámolo moi ben cos compañeiros de Arousa en Bici, ate a proxima que espero sexa pronto
saudos