Visitas aos Partidos Políticos



Con motivo das próximas eleccións municipais:


Esta semana terminamos de percorrer as sedes dos Partidos Políticos con representación no Concello de Vilagarcía de Arousa, expóndolles un plan de mobilidade, resumido desde logo, pero que nos parece de máxima urxencia.

Entregamos o documento que achegamos a este escrito, explicando o seu contido e rogando que o inclúan nos seus respectivos programas electorais.

Recibimos as mellores respostas por parte de todos.

Esperemos que cheguen estes desexos a facerse realidade.

Saúdos.

Ningún comentario: