martes, 5 de xullo de 2011

Ruta de Ramón Cabanillas

O vindeiro domingo, día 10 de xullo, voltaremos a facer a Ruta de Ramón Cabanillas en Cambados.
Percorreremos os lugares descritos nas súas poesías e evocarémolo acompañados da lectura dalgúns dos seus poemas.
Saída: Parque do Cavadelo às 11 horas.
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu pic-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Durante a ruta farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...

Ningún comentario: