domingo, 20 de setembro de 2009

Aromas da vendima

Unha das tarefas máis significativas da nosa contorna vaise a producir estes días.
O que até agora era un lugar de tranquilidade, acougo e soidade, convértese nun espazo de máxima actividade.
Esta actividade tradúcese nun trafego producido polo ir e vir de acios vendimiados ás adegas, cestas cheas, tractores repletos, xentes afanadas, familias enteiras ocupadas, nenos e maiores; todo é ambiente de traballo. Pero sobre todo impera algo no ambiente:
O aroma a vendima.
No aire respírase un certo cheiro a fresco harmonizado co inicio da fermentación. Dende logo hai que recoñecer que este ambiente só se vive unha vez ao ano, e por un período de tempo moi reducido. Por iso quixésemos aproveitar este momento, no que parece que o tempo é o noso aliado, e organizar unha saída a través do val do Salnés para vivir esta circunstancia única.
Sairemos Domingo 27 de setembro ás 10;30 dende o Cavadelo.
O percorrido será a través do concello de Cambados, Ribadumia, Meaño. Comida en Dena Parrillada O Compadre, paseo polas marismas de Dena e miradoiro. Volta pola costa.
Esperamos unha gratísima xornada e desexamos unha ampla participación.
Rogamos anticipédesnos a vosa asistencia a través do correo electrónico co fin de reservar sitio para a comida

Ningún comentario: