25 Volta en Dorna a Illa de Arousa

O vindeiro sábado 27 de xuño de 2009 organiza a Asociación Dorna a 25 volta en dorna á Illa de Arousa. Con ese motivo invítasenos a participar nesta volta acompañando ás embarcacións.Para iso programamos unha xornada consistente en:

  • Concentración ás 11:00 horas na praia do Vao.
  • Paseo familiar pola zona urbana da Illa, preparando o ambiente ciclista para a tarde.
  • Comida campestre no parque natural de "O Carreirón". (precísase que levedes comida).
    Concentración na praia do Vao ás 16:00 horas para estar presente na saída das embarcacións.
  • 17:00 saída percorrendo o perímetro peonil da Illa acompañados dunha monitora posta polo Concello, e resgardados na concorrencia coas estradas pola policía municipal.
  • Percorreremos a "Ruta dos Cons", e coincidiremos en varios puntos co paso das Dornas.
  • 20:00 aproximadamente está prevista a finalización da volta e nós estaremos outra vez na praia do Vao para recibilos.
  • Entrega de premios e compartiremos un viño cos participantes e a organización.Esperamos que todos pasemos un día agradable e que nos acompañe o tempo.

Contamos contigo.

Iremos actualizando datos a medida que vaian xurdindo):

1ª actualización:

Proximo martes 23 de xuño:

presentación aos medios de comunicación da XXV volta en dorna e I en bicicleta á Arousa.


Ningún comentario: