Non están de saldo, pero son dous nun día

O vindeiro domingo, día 30, ás 11 horas temos de novo cita no parque do Cavadelo, para participar no día da bici de Vilagarcía, organizado polo Concello. Esto débese a que o pasado día 9 de maio había pouca xente a causa do mal tempo e entón decidiuse repetir outro paseo, pero esta vez organizado polo Concello, non pola Deputación.

Contamos coa vosa participación e que difundades a noticia entre coñecidos e amigos.

O mesmo día 30, ás 17:30 horas celébrase o día da Bici en Vilanova de Arousa, organizado pola Deputación de Pontevedra. Dámonos cita alí a esa hora e ao rematar o paseo emprenderemos o regreso a Vilagarcía.

Día da bicicleta en Ribadumia

O vindeiro sábado, día 22 de maio, será o día da bici en Ribadumia ás 17 horas, con saída na Carballeira.

Con este motivo queremos invitarvos a que participedes e os que se animen xuntarémonos no Parque do Cavadelo ás 11:30 h. coa intención de ir comer ao Restaurante Tío Benito de Barrantes e despois participar no paseo polo Concello de Ribadumia.

O regreso a Vilagarcía será despois do percorrido que se faga por terras de Ribadumia.
Como sempre evitaremos as estradas principais e mais transitadas.

Día da bicicleta en Cambados, 1 de maio

O vindeiro sábado, día 1 de maio, será o Día da bici en Cambados.

Como ven sendo habitual, Arousa en Bici participará no evento.

A saída será do Parque do Cavadelo o sábado día 1 ás 9h 45.

Participaremos no percorrido establecido pola organización en Cambados, con saída da Praza de Fefiñáns ás 11:00 horas.

Parece que o bo tempo vén.

O principio de bo tempo indica o comezo das nosas saídas.
Temos varios eventos importantes preto:

1 de maio: Festa da bicicleta en Cambados: Como de costume imos deixar Vilagarcía para participar na marcha na Praza Fefiñans.
9 de maio: Festa da moto Arousa, pedir o máximo de participación
17 de maio: Festa da bicicleta en Catoira.

Temos neste momento unha chea de proxectos inacabados dos que iremos dando conta a medida que os vaiamos rematando.

Esta primeira comunicación esperamos que sirva para que vaiamos engrasando a nosa bicicletas, levantando o noso espírito ciclista e empúxenos a saír á rúa.

Sen máis unha aperta para todos e espero ver pronto.

We love bici

La bicicleta ha vuelto y parece que, esta vez, está dispuesta a quedarse. Los ciclistas están tomando las calles de muchas ciudades europeas, dispuestos a encabezar la auténtica revolución del siglo XXI. No, no se trata de una teoría sin pies ni cabeza.

El título del encabezado y varios artículos más sobre el uso de la bicicleta que aparecen en la revista Mujer hoy del día 5 de diciembre pueden leerse en el siguiente enlace:

Vídeo promocional da bici en Copenhage

Para que nos vaiamos contaxiando desta revolución imparable.

Cancelación Magosto

Sentímolo moito. Non puido ser. O tempo non quixo ser o noso aliado e vémonos obrigados a suspender definitivamente o Magosto.

Queda tamén en suspenso a asemblea anual. O vindeiro mércores día 2 de decembro ás 19:30 horas na reunión mensual de Arousa en Bici na Casa da Xuventude fixaremos a data na que realizaremos a devandita asemblea. Comunicarase por correo electrónico ou por correo normal a todos os socios.