Ao pé da Ciclovía en Rodrigo de Mendoza

O pasado 25 de febreiro sobre ás 17:00 h fíxoxe unha consulta ao pé da Ciclovía de Rodrigo de Mendoza, moi preto do entronque coa avenida Doutor Tourón, aos  que pasaban á beira: peóns, ciclistas e xente en patinete. Tamén participamos na enquisa feita alí mesmo pola locutora Montse García a tres membros de Arousa en Bici: Pablo, Paco e Emilio. Publicouse no programa de Radio Arosa Hoy por hoy o día 1 de marzo. Foi interesante e xa constatamos que durante os 20 minutos que estivemos alí pasaron 10 personas en bicicleta e 8 en patinete. Dou a impresión que se empeza a usar cada vez máis.

 A idea era valorar ou, en todo caso, ter as primeiras impresións sobre o inicio das ciclovías en Vilagarcía. Pódese escoitar no enlace a partir do minuto 00:59:41

Peatón y ciclista, dos aliados en la Movilidad Sostenible urbana

El #peatón es nuestro aliado.

Como #ciclistas #urbanos debemos de ceder siempre el paso al peatón y respetarlo.

Las ciudades están llenas de gente, todo el tiempo. Caminan, pasean, corren, juegan, andan en #bicicleta, en moto, en coche y usan el transporte público.

Pero algo nos une, todos nos convertimos en #peatones en algún momento del día.


El peatón, es el actor más vulnerable de la #movilidadurbana y se le debe proteger de la manera que se merece

Muchas veces los ciclistas urbanos hacemos un uso inadecuado del espacio peatonal y de las aceras, muchas veces es por el “peligro o el miedo” a circular con nuestras bicicletas por espacios urbanos inseguros.

Nosotros no queremos que se prohíba a las bicicletas circular por las aceras, ya que en algunos casos es hasta aconsejable, niños, personas vulnerables…

Consideramos que existe un camino que recorrer juntos.


  • Cedamos siempre el paso al peatón.
  • En caso de vernos “obligados” a circular por zonas peatonales debemos de hacerlo a una velocidad adecuada y esta es y debe de ser la velocidad a la que iríamos caminando.
  • Debemos respetar las distancias de seguridad respecto a los peatones, del mismo modo que deseamos que lo hagan los coches en la carretera. El peatón es el usuario mas vulnerable y siempre puede hacer cualquier movimiento imprevisto.
  • Cuando la cantidad de personas caminando es grande no debemos de dudar, hay que apearse de la bicicleta y convertirnos en un peatón más.
  • Respeta los semáforos.
  • Bájate de la bicicleta para cruzar en los pasos de peatones.
  • En los carriles bicis situados sobre las aceras extrema las precauciones.
  • Nunca se deben hacer caballitos ni cabriolas varias en las zonas compartidas, solo en los espacios habilitados para tal fin.

A polémica

Desde Arousa en Bici mostrámonos moi  apenados coas opinións que se están  vertendo en Vilagarcía coas novas ciclovías.

Obviamente defendemos esta nova infraestrutura contra vento e marea. Considerámola moi necesaria e gustaríanos que seguise crecendo cada día máis.

Moitos medios de comunicación, grupos políticos e veciños non deixan de criticar constantemente: perdida de prazas aparcamento, pintura que se borra coa choiva, falta de usuarios…

O medo ao cambio é normal.  A día de hoxe ninguén critica as peonalizacións que se realizaron no centro, Praza de Galicia, Castelao, Rei dá  Viña… e que no seu momento tiveron multitude de críticas.

O cambio cara unha mobilidade urbana sostible é imparable. As directrices que marca a Unión Europea e os distintos entes que nos gobernan así o testemuñan.

O importante nunha  ciclovía, non é que sexa de cor verde, vermella ou amarela; é que sexa segura, estea  segregada das áreas peonís e da calzada pola que circulan os vehículos.

A falta inicial de usuarios é normal nunha sociedade que entende a bicicleta unicamente como lecer e non como un medio de transporte, cuestión que pouco a pouco irá cambiando. Por poñer un exemplo en  Copenhage un 62% dos desprazamentos ao traballo ou aos centros escolares realízase en bicicleta, isto é grazas ás políticas aplicadas que permitiron multiplicar por 3 o número de usuarios.

Nós esperamos que todas estas polémicas pronto pasen á historia e para iso é necesario que todos nos involucremos, acheguemos o noso granito de area con solucións e civismo.

Todo é susceptible de mellora.

Redes sociais

Desde Arousa en Bici e grazas á colaboración dun novo socio, Pablo Pérez Martínez, que se incorpora con moitas ganas e ilusión, ímonos embarcar nunha nova aventura que nos permitirá chegar coa nosa mensaxe a favor da bicicleta e da mobilidade sostible a unha maior cantidade de persoas.

Desde este momento, estamos nas seguintes Redes Sociais:


Aínda así, necesitamos a axuda de todos vós para chegar a mais xente, polo menos ao principio, por iso pedímosvos que nos sigades e convidedes ás vosas amizades a que o fagan. Tamén podedes facernos chegar aquelas fotos, noticias ou outras cousas de interese relacionadas coa bicicleta para que as publiquemos nas distintas redes sociais.

Semana europea da mobilidade

Estamos de volta. Despois deste parón imposto pola pandemia regresamos con novos pulos.
Este ano colaboramos co Concello de Vilagarcía con motivo da Semana Europea da mobilidade que ten como lema: POLA TÚA SAÚDE, MÓVETE DE FORMA SOSTIBLE.
Veleiquí o programa elaborado polo concello:

A continuación salientamos a nosa participación:
SÁBADO 18 ás 21:00h  Paseo nocturno en bici.
É unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade. Pretendemos demostrar que tamén de noite é posible
 

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.
 

Procurade vir con casco, mascariña e iluminación na bici.
LUNS 20 ás 17:30  Ruta en bici pola Vía verde do Salnés dende o aparcamento do Pazo de Rubiáns (Procurade vir con casco e mascariña)

 

 

 


Paseo nocturno

Como ven sendo habitual ao comezo do verán, o vindeiro sábado día 1 de xullo ás 23 horas a Asociación Arousa en Bici organiza o tradicional paseo nocturno en bici.
É unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.
O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Recordamos que é obrigatorio o uso do casco por menores de  16 anos.

Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.

Animádevos a participar que cantos máis sexamos mellor o pasaremos!!!
O percorrido é o habitual.
 

Rutas en bici

Na reunión mensual do 6 de maio programamos as seguintes rutas:

1. Ruta a Catoira:
  • Data: 10 de maio de 2015.
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:30 horas.
Saíremos cara a Catoira polo paseo marítimo e seguiremos despois pola estrada vella ata chegar ás Torres do Oeste. Visitaremos a zona percorrendo as distintas sendas.
Dificultade: Media
O píc-nic farase xunto ás Torres e se os asistentes así o deciden pode alargarse un pouquiño máis a ruta e comer na praia de Vilar (concello de Valga) limítrofe con Catoira.
O regreso será ao atardecer.

2. Ruta de Ramón Cabanillas:
  • Data: 17 de maio de 2015
  • Saída: Parque do Cavadelo ás 11:00 horas.
Saíremos cara a Vilaxoán e pasaremos polo Pazo de Rúa Nova.
Durante a ruta en Cambados farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Contamos estar de regreso antes das 20 horas.

Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco.