A senda da vergoña

  • Desde Arousa en bici non somos moito de criticar infraestruturas ciclistas nin peonis, adoitamos considerar que un gran non fai celeiro pero axuda ao compañeiro. E na atualidade -para coller o tren da mobilidade europea-, en Galicia e en España necesitaríamos incrementar máis a cantidade de pistas, para conquerir máis usuarios.
  • A Xunta de Galicia está a realizar e planificar un conxunto de actuacións que si nos gustan, como por exemplo os futuros eixos de mobilidade sostible en Santiago e Ourense ou outras actuacións que realizou na Comarca do Salnés. Tamén nos gusta moito que estean a subvencionar a compra de bicicletas eléctricas ou a futura Estratexia de Mobilidade Sostible.
  • Pero... O que están a facer no Concello de Vilanova de Arousa, en Corón, é un auténtico DESPROPÓSITO; citamos textualmente e dino eles no proxecto: "[...] permitan a circulación, cómoda e segura de peóns e, no seu caso, ciclistas non deportivos"
  • E a REALIDADE é ben distinta: unha beirarrúa de tamaño reducido, na que a duras penas pasa unha persoa e na que dubidamos que colla un carriño para crianzas e na que, polo tanto, circular nunha bicicleta sería tarefa imposible. Parecen escudarse na proximidade das vivendas á estrada; máis é curioso que no proxecto que someteron a información pública había beirarrúas moito máis amplías e, máis tarde, estas foron modificadas para o proxecto licitado.

Desde "Arousa en bici" cremos que os políticos aínda están a tempo de corrixir este erro e ser valentes, preocupándose de verdade pola mobilidade e a seguridade viaria.

Ningún comentario: