Nos vemos este Domingo, día 11, a las 11:30 en la Avenida Rodrigo de Mendoza (en los Tilos).
Ven a pedalear con nosotros, con tu traje de Papá Noel, con un Gorrito, o como te apetezca. Avisa a tu familia, a tus amigos y a todo el mundo.
Saldremos de Rodrigo de Mendoza, iremos hacia el centro, giraremos dirección al mercado para recorrer la Avenida de la Marina, giraremos en el carril bici para dirigirnos hacia Vilaxoán por el puerto y el paseo de Canelas, en Vilaxoán entraremos hasta la Plaza de Rafael Pazos, para después volver a Vilagarcía finalizando en la Plaza de la Peixería. Aproximadamente 7.5km.
Como habitualmente facemos ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día 9 de xullo de 2022 ás 22:00 horas a Asociación Arousa en Bici en colaboración co Concello de Vilagarcía e Protección Civil organiza o tradicional paseo nocturno en bici.
É unha das actividades que se organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.
O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.
Lembrádevos de revisar a vosa bicicleta e utilizade o equipo necesario (casco e chaleco, se tendes), así como de seguir as instruccións da organización. Recordade que é obrigatorio o uso do casco por menores de 16 anos.
Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.
Esta semana en el Pleno del Concello Vilagarcía de Arousa se propone la modificación de la Ordenanza de Circulación para que se puedan utilizar entre otros elementos, carritos homologados para el transporte de niños, mascotas y carga.
Este tipo de carritos son legales en muchas otras ciudades españolas como #Madrid #Valencia #Sevilla #Barcelona y muy habituales en otros países de #Europa
La polémica ha surgido después de que la Policías Locais de Vilagarcia haya advertido a varios usuarios de que la utilización de carritos no estaba regulada en #vilagarciadearousa
La utilización de este tipo de carritos presenta múltiples ventajas.
Poder trasladar a dos niños, o a menores con movilidad reducida, lo que repercute positivamente en la movilidad sostenible de las familias.
Mayor seguridad en caso de caída del ciclista, ya que los carritos son independientes de la bicicleta, a parte de disponer de una estructura con protección en caso de vuelco.
Protección contra la intemperie, lluvia, frio, viento.
Un coche menos.
Los estudios demuestran que en ningún momento es más peligroso que trasladar a un niño en una sillita en el portaequipajes.
O vindeiro domingo día 5 de xuño celébrase en Cambados o día da bici que serve tamén como homenaxe a Ernesto Falcón, que foi director do Gran Premio do Albariño e da Ruta do Albariño Memorial Modesto Sánchez, Teto. Arousa en Bici propón sumarse a este evento.
Saíremos do Parque do Cavadelo ás 9:30 h. Pasaremos por Vilaxoán, polo pazo de Rúa Nova ata a praza de Fefiñáns en Cambados para poder facer a inscrición. A marcha ciclista en Cambados arranca ás 11:00 e terá un percorrido de 11 kilómetros (moi fácil) atravesando o casco urbano e pasando polas parroquias de Vilariño e Corbillón. Haberá premios para a bici máis orixinal, para a familia máis numerosa e para os ciclistas de menor idade e de maior idade, así como o sorteo de 6 bicicletas
Ruta a Cambados
Data: Domingo 5 de xuño de 2022
Saída: parque do Cavadelo ás 9:30 h.
Contamos con todos vós e podedes facer partícipes as vosas amizades. É obrigatorio o uso de casco. Cada un é responsable da súa seguridade.
Desde este foro queremos
manifestar a nosa repulsa pola actuación (ruído, máis ruído,
falsidades, críticas sen propostas alternativas, …) de certos
partidos coas peonalizacións primeiro, coas ciclovías despois e
agora cos camiños escolares seguros. A primeira peonalización
criticada foi a da praza de Galicia: ían perder as vendas os
establecementos porque os coches non podían pasar. Só vían o que
perdían (pouco máis de 5 prazas de aparcamento) pero nunca pensaron
o que gañaban. Máis tarde foi criticada a peonalización da rúa
Castelao e a de Vista Alegre, porque os nenos de determinado colexio
non podían ser levados en coche ata a porta do establecemento.
Afortunadamente non se lles fixo
caso e estas peonalizacións foron a máis, e xa sen críticas porque
a maioría da poboación viu os seus efectos: máis xente paseando
con nenos e comprando polas rúas, menos ruído, máis seguridade
moito máis agradable a contorna. Quen volvería atrás agora?.
O mesmo ocorreu en Pontevedra.
Perdéronse moitas prazas de aparcamento, pero gañouse moito en
humanización e só era cuestión de andar de 10 a 15 minutos desde
onde fora aparcado o coche para poder gozar da cidade nenos e
maiores. Quen volvería a tempos pasados onde os coches devoraban á
cidadanía? Acaso non merece Pontevedra agora todos os premios que
levou polo seu modelo de cidade?
Agora o mesmo tipo de ruidosos
enarbora o estandarte das críticas coas ciclovías e cos camiños
escolares seguros: as ciclovías si pero non desta maneira (non din
como). Eu creo que non as saberían facer porque non se asesoran e
sobre todo non cren nelas. Din que son caras e só ven o gasto que se
fai para construílas (iso si con axudas do Ministerio para a
Transición Ecolóxica e de fondos de Europa que se non se
proxectasen non se terían). Tamén din que ninguén quere,
ninguén pediu e ninguén usa. É incerto porque desde hai
anos está a demandalas Europa continuamente. É dicir: quéreas
Europa, quérenas os cidadáns consecuentes coa problemática do
clima e da contaminación e úsanas os cidadáns conscientes destes
problemas; o seu uso está a aumentar gradualmente e están abertas a
toda a cidadanía para que as usen e consigan beneficios tanto para a
súa saúde como para a dos demais, para o clima, e fomentando o
aforro.
Isto sábeno e corrobórano mesmo
usuarios frecuentes de vehículos de motor que ben, por
imposibilidade física, desidia, ou medo por non ter viais seguros
non utilizan medios máis amables.
Desde hai tempo desde Europa e
tamén noutras partes do planeta está a apostarse por unha
mobilidade alternativa. Para iso créanse moitísimas axudas.
Convidamos aos que critican queiran velo, e aprendan a velo.
Que on nos digan que "isto non
é Holanda ou que aquí chove". Aquí non chove menos que en
Holanda e fai moito menos frío e menos vento.
En Holanda antes da 2ª guerra
mundial había moitas máis bicicletas que coches. Nos anos
posteriores os coches foron invadindo o espazo das bicicletas e
provocando accidentes polo que foi diminuíndo paulatinamente o uso
da bicicleta. No ano 1971 producíronse 3.300 mortes por accidentes
de tráfico, entre elas as de máis de 400 nenos. Unha situación
insostible que derivou en movementos sociais de protesta e que foi a
orixe de Stop de Kindermoord, un grupo activista que pretendía poñer
fin ao que chamaban asasinato de nenos e que foi de vital
importancia.
Pode verse este vídeo que
ilustra moi ben as protestas:
Stop de Kindermoord creceu
rapidamente e púxose a traballar: levou a cabo manifestacións,
ocupou puntos negros nos que se producían accidentes, e organizou
días especiais nos que pechaba rúas para que os nenos puidesen
xogar de forma segura. Co tempo, Stop de Kindermoord pasou a recibir
subvencións do goberno, abriu o seu propio cuartel central nun local
que anteriormente fora unha tenda, e empezou a xerar ideas coas que
mellorar os plans urbanísticos e aumentar a seguridade. Á aparición
de grupos como Stop de Kindermoord acabouse sumando a crise do
petróleo de 1973, o cal foi aproveitado polo goberno para dar unha
mensaxe clara: había que adoptar un novo estilo de vida e non
malgastar enerxía.
E así, xa na década dos 80 e
despois de que os políticos tivesen tempo de comprobar as vantaxes
do uso das bicicletas, as cidades empezaron a introducir unha serie
de cambios para facelas máis amigables con este medio de transporte.
E aos poucos foise avanzando por este camiño e agora todos están
convencidos do favorable deste cambio para todos.
Outros países de Europa
empezaron máis tarde pero lévannos vantaxe: Alemaña, Austria,
Italia, … En España tamén se avanzou moito, sobre todo en certas
cidades: Vitoria, Sevilla, Barcelona, Zaragoza, … E agora
preténdese conseguir tamén en Vilagarcía, pero certos sectores son
remisos a calquera cambio e só ven o negativo. Non son capaces de
ver o que gaña a sociedade.
Rúa Xunqueira na actualidade, antes de transformar en Camiño escolar seguro
O mesmo ocorre cos Camiños
escolares seguros. Seguen os ruidosos. Tampouco ven a súa utilidade,
que vén ser un complemento das ciclovías e das peonalizacións.
Sacan bailes de cifras. Ata para contar os aparcamentos que segundo
eles se anulan contabilizan os vehículos que habitualmente aparcan
en zonas prohibidas e indican que se deben contabilizar aqueles
vehículos que se estacionaban en lugares onde antes, xa carecían
de permiso.
Os Camiños Escolares Seguros están avalados por moitas cidades de Europa. Cada
vez hai máis. O seu gran impulsor en Europa foi o psicopedagogo
italiano Francesco Tonucci. E estas son as cousas positivas que os
avalan:
Devolven a autonomía aos
nenos. "O primeiro paso para devolver a autonomía aos nenos é
pedir que vaian á escola e volvan a casa sen ser acompañados polas
persoas adultas" (Francesco Tonucci, A
cidade dos nenos).
É unha iniciativa para que
os menores se movan con seguridade polas rúas e recuperen o uso e
goce do espazo público.
Que se despracen ao centro
escolar andando ou en bicicleta de maneira segura favorece a súa
saúde, combate enfermidades e malos hábitos, á vez que fai máis
sostible o medio ambiente ao reducir o número de desprazamentos en
vehículos motorizados (varios centenares no caso de Vilagarcía), co
que, por riba, alixéirase o tráfico.
Os pais e as nais van gañar
tempo e van quedar máis satisfeitos vendo que os seus fillos se
moven con autonomía e alegría.
Por que sempre se queren poñer
pedras no camiño a boas iniciativas? Por que non nos sumamos todos a
elas se van ser boas? E sexamos positivos: propoñamos melloras ou
correccións no caso de que fixesen falta e
O pasado 25 de febreiro sobre ás 17:00 h fíxoxe unha consulta ao pé da
Ciclovía de Rodrigo de Mendoza, moi preto do entronque coa avenida
Doutor Tourón, aos que pasaban á beira: peóns, ciclistas e xente en
patinete. Tamén participamos na enquisa feita alí mesmo pola locutora
Montse García a tres membros de Arousa en Bici: Pablo, Paco e Emilio.
Publicouse no programa de Radio Arosa Hoy por hoy o día 1 de
marzo. Foi interesante e xa constatamos que durante os 20 minutos que
estivemos alí pasaron 10 personas en bicicleta e 8 en patinete. Dou a impresión que se empeza a usar cada vez máis.
A idea
era valorar ou, en todo caso, ter as primeiras
impresións sobre o inicio das ciclovías en Vilagarcía. Pódese escoitar
no enlacea partir do minuto 00:59:41
Como #ciclistas#urbanos debemos de ceder siempre el paso al peatón y respetarlo.
Las ciudades están llenas de gente, todo el tiempo. Caminan, pasean, corren, juegan, andan en #bicicleta, en moto, en coche y usan el transporte público.
Pero algo nos une, todos nos convertimos en #peatones en algún momento del día.
El peatón, es el actor más vulnerable de la #movilidadurbana y se le debe proteger de la manera que se merece
Muchas veces los ciclistas urbanos hacemos un uso inadecuado del espacio peatonal y de las aceras, muchas veces es por el “peligro o el miedo” a circular con nuestras bicicletas por espacios urbanos inseguros.
Nosotros no queremos que se prohíba a las bicicletas circular por las aceras, ya que en algunos casos es hasta aconsejable, niños, personas vulnerables…
Consideramos que existe un camino que recorrer juntos.
Cedamos siempre el paso al peatón.
En caso de vernos “obligados” a circular por zonas peatonales debemos de hacerlo a una velocidad adecuada y esta es y debe de ser la velocidad a la que iríamos caminando.
Debemos respetar las distancias de seguridad respecto a los peatones, del mismo modo que deseamos que lo hagan los coches en la carretera. El peatón es el usuario mas vulnerable y siempre puede hacer cualquier movimiento imprevisto.
Cuando la cantidad de personas caminando es grande no debemos de dudar, hay que apearse de la bicicleta y convertirnos en un peatón más.
Respeta los semáforos.
Bájate de la bicicleta para cruzar en los pasos de peatones.
En los carriles bicis situados sobre las aceras extrema las precauciones.
Nunca se deben hacer caballitos ni cabriolas varias en las zonas compartidas, solo en los espacios habilitados para tal fin.
Desde Arousa en Bici mostrámonos moi apenados coas opinións que se están vertendo en Vilagarcía coas novas ciclovías.
Obviamente
defendemos esta nova infraestrutura contra vento e marea. Considerámola
moi necesaria e gustaríanos que seguise crecendo cada día máis.
Moitos
medios de comunicación, grupos políticos e veciños non deixan de
criticar constantemente: perdida de prazas aparcamento, pintura que se
borra coa choiva, falta de usuarios…
O
medo ao cambio é normal. A día de hoxe ninguén critica as
peonalizacións que se realizaron no centro, Praza de Galicia, Castelao,
Rei dá Viña… e que no seu momento tiveron multitude de críticas.
O
cambio cara unha mobilidade urbana sostible é imparable. As directrices
que marca a Unión Europea e os distintos entes que nos gobernan así o
testemuñan.
O
importante nunha ciclovía, non é que sexa de cor verde, vermella ou
amarela; é que sexa segura, estea segregada das áreas peonís e da
calzada pola que circulan os vehículos.
A
falta inicial de usuarios é normal nunha sociedade que entende a
bicicleta unicamente como lecer e non como un medio de transporte, cuestión
que pouco a pouco irá cambiando. Por poñer un exemplo en Copenhage un
62% dos desprazamentos ao traballo ou aos centros escolares realízase en
bicicleta, isto é grazas ás políticas aplicadas que permitiron
multiplicar por 3 o número de usuarios.
Nós
esperamos que todas estas polémicas pronto pasen á historia e para iso é
necesario que todos nos involucremos, acheguemos o noso granito de area
con solucións e civismo.