Únete á Volta

Este ano, con motivo do paso da Volta a España pola nosa provincia de Pontevedra, a Deputación transformou o tradicional Día da Bici por paseos co lema de Únete á Volta.
Haberá como mínimo un sorteo co seguinte:
  • Un lote composto por: maillot, culotte, un par de guantes, un casco, un par de calcetíns e  outro de zapatillas, unhas lentes e unha bicicleta.
  • Outro lote composto por: maillot, culotte, un par de guantes, un casco, un par de calcetíns e outro de zapatillas e unhas lentes.
Todo isto e moito máis poderás obtelo no Únete á Volta do teu concello. Non o penses máis e participa.

A continuación tendes os enlaces ás datas do paseos en bici dos concellos máis próximos, co itinerario do paseo e os Kms.:

26 maio - 18 horas -  Ribadumia
27 maio - 11 horas - Sanxenxo
2 xuño - 10:30 horas - Portas
9 xuño - 11 horas - Barro
16 xuño - 11 horas- Moraña
17 xuño - 10:30 horas- Cuntis
30 xuño - 11 horas - A Illa de Arousa

Unete á Volta 2012


Día da Bici en Vilagarcía.
Este ano con motivo da presentación da Volta ciclista a España, e dado que a nosa cidade vai ser inicio de etapa, a Diputación de Pontevedra converte o tradicional "Día da Bicicleta", nun acto mais solemne no que se fai mención a devandito evento.
Isto celebrarase o vindeiro domingo 13 de maio de 2012.
Contamos con todos para que a xornada sexa o máis brillante posible.