Ao pé da Ciclovía en Rodrigo de Mendoza

O pasado 25 de febreiro sobre ás 17:00 h fíxoxe unha consulta ao pé da Ciclovía de Rodrigo de Mendoza, moi preto do entronque coa avenida Doutor Tourón, aos  que pasaban á beira: peóns, ciclistas e xente en patinete. Tamén participamos na enquisa feita alí mesmo pola locutora Montse García a tres membros de Arousa en Bici: Pablo, Paco e Emilio. Publicouse no programa de Radio Arosa Hoy por hoy o día 1 de marzo. Foi interesante e xa constatamos que durante os 20 minutos que estivemos alí pasaron 10 personas en bicicleta e 8 en patinete. Dou a impresión que se empeza a usar cada vez máis.

 A idea era valorar ou, en todo caso, ter as primeiras impresións sobre o inicio das ciclovías en Vilagarcía. Pódese escoitar no enlace a partir do minuto 00:59:41

Ningún comentario: