Na reunión mensual do 6 de maio programamos as seguintes rutas:
1. Ruta a Catoira:
- Data: 10 de maio de 2015.
- Saída: Parque do Cavadelo ás 11:30 horas.
Saíremos
cara a Catoira polo paseo marítimo e seguiremos despois pola estrada
vella ata chegar ás Torres do Oeste. Visitaremos a zona percorrendo as
distintas sendas.
Dificultade: Media
O píc-nic farase
xunto ás Torres e se os asistentes así o deciden pode alargarse un
pouquiño máis a ruta e comer na praia de Vilar (concello de Valga)
limítrofe con Catoira.
O regreso será ao atardecer.
2. Ruta de Ramón Cabanillas:
- Data: 17 de maio de 2015
- Saída: Parque do Cavadelo ás 11:00 horas.
Durante a ruta en Cambados
farase a lectura de algún poema de Cabanillas que evoque os seus
recordos dos lugares visitados: Casa Natal, Convento San Francisco, A
Pastora, Santa Mariña Dozo, Pazo de Montesacro, A Calzada, ...
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
A comida será no monte da Pastora, un dos lugares evocados polo poeta. Cada un levará o seu píc-nic e, como de costume, intercambiaremos viandas e postres.
Contamos estar de regreso antes das 20 horas.
Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. É obrigatorio o uso de casco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario