Paseo nocturno en bici


Como habitualmente facemos ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día
 15 de xullo de 2023 ás 21:30 horas a Asociación Arousa en Bici en colaboración co Concello de Vilagarcía e Protección Civil organiza o tradicional paseo nocturno en bici.

É unha das actividades que se organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade.

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.

Lembrádevos de revisar a vosa bicicleta e utilizade o equipo necesario (casco e chaleco, se tendes), así como de seguir as instruccións da organización. Recordade que é obrigatorio o uso do casco por menores de 16 anos.

Aconsellamos levar as bicis con iluminación, se é posible.

Terceira saída Cicloturista do Ano


O domingo pasado realizamos a terceira saída cicloturista do ano.

Dende a Ciclovía de Rodrigo de Mendoza dirixímonos ao entorno do Rio Umia, pasando pola Vía Verde do Salnés, as Aceñas de Baión e facendo un picnic na Praia Fluvial.


Segunda saída Cicloturista do ano

Para celebrar o día das letras galegas dende Arousa en bici realizamos a segunda saída cicloturista do ano.

Dende a Ciclovía de Rodrigo de Mendoza dirixímonos ao Concello de Cambados onde realizamos un percorrido literario e recitamos uns versos de Ramón Cabanillas; na súa Casa Natal, na escultura de Asorei, á beira da escola onde estudou no Convento de San Francisco e no bosque da Pastora. Neste último lugar realizamos un picnic e compartimos viandas.

Para realizar este roteiro utilizamos vías rurais que nos levaron nun percorrido cultural polo Concello de Vilanova de Arousa, con paradas no Pazo de Rua Nova, na igrexa de San Miguel de Deiro e no Pazo de Pedra da Fragua.

Queres a acompañarnos no noso próximo roteiro? Faite socio!

Agradecemento Partidos Políticos

Desde Arousa en Bici queremos agradecer aos Partidos Políticos PSdeG-PSOE Vilagarcía, BNG Vilagarcía de Arousa, Podemos-Marea da Vila e EsquerdaUnida Vilagarcia por recibir e escoitar as nosas propostas para unha mobilidade ciclista e sustentable para as próximas Eleccións Municipais.

Deixámosvos un pequeno resumo do que lles trasladamos:

  • Vaibike. "Ampliación das estacións e creación dunha nova tarifa de pago por uso."
  • Conformar unha rede de itinerarios seguros. "Ciclovías, vías rurais seguras e maior cohesión da rede."
  • Cicloturismo. "Mellora do acceso á Via Verde do Salnés, novas sendas pola costa ata Bamio e continuación da senda actual do Rial."
  • Favorecer a intermovilildad co transporte público. "Aparcamento seguro na estación de tren e posibilidades de poder transportar as bicis en tren e autobús."
  • Aparcabicis. "Aparcamentos seguros e novos aparcamentos en distintos puntos que consideramos necesarios, parque Xunqueira en proximidades do CC Arousa, Praza Independencia e Ampliación de aros na Praza de Galicia.
  • Ampliar os Camiños Escolares.
  • Favorecer o uso lúdico e deportivo.
  • Bici Rexistro da Red de Ciudades por la Bicicleta - RCxB para evitar roubos. "Xestión por parte da Policía Local de Vilagarcia"
  • Campañas de fomento do uso da bicicleta. "Aprendizaxe para adultos e escolares, seguridade viaria, mecánica básica..."
  • Sistemas de Repartición de última milla mediante o uso de Cargobikes.

Tamén comentar que sentimonos apena dos por non recibir resposta por parte do PP de Vilagarcía de Arousa para escoitar as nosas propostas.

A la escuela en bici

Las escuelas con entornos pacificados multiplican por tres las posibilidades de que los alumnos se desplacen en bici.

"Los más pequeños son palanca de cambio en su entorno, empezando por sus padres si les acompañan en bicicleta"

"Los que van en bici están más atentos que los que llegan en coche"




Beneficios de ir al colegio en bici:

  • Mejora la condición física de los niños
  • Mejora el rendimiento escolar.
  • La autonomía
  • El bienestar emocional y la autoestima
  • Reduce el sobrepeso, el riesgo cardiovascular y el de sufrir enfermedades psicosomáticas, depresión y ansiedad.
  • Es divertido
  • No contamina rebaja la siniestralidad y la contaminación: atmosférica y acústica.
Fuente, diario El País

A senda da vergoña

  • Desde Arousa en bici non somos moito de criticar infraestruturas ciclistas nin peonis, adoitamos considerar que un gran non fai celeiro pero axuda ao compañeiro. E na atualidade -para coller o tren da mobilidade europea-, en Galicia e en España necesitaríamos incrementar máis a cantidade de pistas, para conquerir máis usuarios.
  • A Xunta de Galicia está a realizar e planificar un conxunto de actuacións que si nos gustan, como por exemplo os futuros eixos de mobilidade sostible en Santiago e Ourense ou outras actuacións que realizou na Comarca do Salnés. Tamén nos gusta moito que estean a subvencionar a compra de bicicletas eléctricas ou a futura Estratexia de Mobilidade Sostible.
  • Pero... O que están a facer no Concello de Vilanova de Arousa, en Corón, é un auténtico DESPROPÓSITO; citamos textualmente e dino eles no proxecto: "[...] permitan a circulación, cómoda e segura de peóns e, no seu caso, ciclistas non deportivos"
  • E a REALIDADE é ben distinta: unha beirarrúa de tamaño reducido, na que a duras penas pasa unha persoa e na que dubidamos que colla un carriño para crianzas e na que, polo tanto, circular nunha bicicleta sería tarefa imposible. Parecen escudarse na proximidade das vivendas á estrada; máis é curioso que no proxecto que someteron a información pública había beirarrúas moito máis amplías e, máis tarde, estas foron modificadas para o proxecto licitado.

Desde "Arousa en bici" cremos que os políticos aínda están a tempo de corrixir este erro e ser valentes, preocupándose de verdade pola mobilidade e a seguridade viaria.

20 Nomas da DGT adaptadas para o Concello de Vilagarcía de Arousa

As 20 Normas da DGT que todo ciclista debe coñecer. Adaptadas e corrixidas para o Concello de Vilagarcía.

  1. Nin teléfono móbil, nin auriculares.
  2. Advertir a freada "O ciclista pode advertir unha freada brusca movendo o brazo alternativamente de arriba a abaixo"
  3. Polo carril bici "Por seguridade, en cidade e na estrada é sempre recomendable –non obrigatorio– circular polos carrís bici sempre que estean dispoñibles. Puntualizamos: É OBRIGATORIO se existe o sinal da foto máis abaixo."
  4. Se bebes non collas a bici.
  5. Un pasaxeiro de ata 7 anos "En bicicletas só permítese levar un pasaxeiro de ata 7 anos de idade, en asento adicional homologado, sempre que o condutor sexa maior de idade" CORRIXIMOS O PUNTO 5 DE DGT: En vías urbanas as Ordenanzas Municipais poden autorizar o transporte de varios menores, en cadeiras ou carriños debidamente homologados. (Contemplado na Ordenanza Municipal de Vilagarcía!)
  6. Acende as luces (pola noite)
  7. Prioridade aos peóns, coma se foramos un coche.
  8. Prioridade de paso. "Os ciclistas teñen prioridade de paso respecto a os vehículos de motor cando circulan por un carril bici, por un paso para ciclistas ou por beiravía debidamente sinalizada."
  9. Grupos en glorietas. "Os ciclistas cando circulan en grupo gozan de prioridade –todos eles, do primeiro ao último– nas glorietas, do mesmo xeito que no resto das interseccións, cando o primeiro dos ciclistas xa entrase nela."
  10. Iniciar a marcha coma se fósemos calquera outro vehículo.
  11. Respectar os sinais, semáforos e demais marcas viarias.
  12. Sinalizar manobras.

Na cidade

  1. O casco protector é obrigatorio só para os menores de 16 anos. Para os demais ciclistas é só recomendable e sempre aconsellable.
  2. Os pasos de peóns, andando. Agás se dispoñen de paso para bicicletas!
  3. Pola beirarrúa, non. PUNTUALIZAMOS: En Vilagarcía pódese circular por Parques e zonas de Prioridade Peonil sempre que non se superen o 10km/h. Le a Ordenanaza aquí.
  4. Os pasos de peóns, andando. Agás se dispoñen de paso para bicicletas!
  5. Pola beirarrúa, non. PUNTUALIZAMOS: En Vilagarcía:
    1. Pódese circular por Parques e zonas de Prioridade Peonil sempre que non se superen o 10km/h, respéctese ao peón e mantéñase unha distancia dun metro con eles e non exista aglomeración de persoas.
    2. Pódese circular polas beirarrúas a condición de que a intensidade do tráfico disuada do uso da vía de automóbiles, a velocidade debe de ser a do peón. 1 metro de distancia con eles e coas fachadas.
    3. Pódese circular polo Paseo Marítimo a Carril a unha velocidade de entre 10 e 15 km/h en función da afluencia de persoas.
  6. Pola dereita. "En cidade, as bicicletas deben circular o máis próximo á dereita da vía, deixando unha separación de seguridade co bordo ou cos vehículos estacionados." PUNTUALIZAMOS, en Vilagarcía pódese e debe circular polo centro do carril nas Rúas de preferencia ciclista. Sempre se debe deixar unha distancia suficiente cos vehículos aparcados para que en caso dunha apertura de porta non suframos un accidente. Existen Ordenanzas Municipais noutros concello que autorizan a circular sempre polo centro do carril en Vías Urbanas, por exemplo en Madrid, esperamos que se estenda pronto a máis concellos.

Na estrada

  1. Reflectores "Cando sexa obrigatorio acender as luces"
  2. Casco
  3. Pola beiravía "Na estrada, os ciclistas deben utilizar a beiravía da súa dereita, se existe, para circular. Só poderán abandonalo en descensos prolongados en condicións seguras. PUNTUALIZAMOS: a beiravía ha de ser transitable e suficiente para circular por ela."
  4. En paralelo. "Os ciclistas teñen permitido circular en filas de dúas na estrada, abeirándose todo o posible á dereita da vía. En cambio, en tramos sen visibilidade e cando formen aglomeracións non poderán circular en paralelo e deberán colocarse en ringleira."