Paseo Nocturno




Como ven sendo habitual nestas datas o vindeiro sábado día 2 de xullo ás 23 horas faremos o tradicional paseo nocturno en bici.


O percorrido é o de costume. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas entre todos os participantes.

Procurade traer cascos e as bicis con iluminación, se é posible.

Contamos con todos! Ánimo, que de seguro pasaremos unha noite divertida!
Convence á tua familia e aos amigos!

Portugal: Saida

Despois do grato paseo do domingo pasado, en colaboración con "A Golpe de Pedal" de Vigo, imos propor unha nova saída.


Neste caso será a Portugal, a Valença.


Trátase de percorrela "Ecopista" Valença-Monçao. Daranos pe a gozar dunha pista suave de 20,50 Km, que sae de Valença a través dunha antiga vía de ferrocarril e chega a Monçao, onde temos pensado comer (aproveitaremos a ocasión para darlle ao bacallau e o viño verde).


A saída será das Carolinas (aparcadoiro do Dia), ás 9:45 do domingo 19 de xuño, para estar ás 11,30 na saída da Ecovía en Valença ás 11:30.


Esperámosvos

Ruta da auga

Domingo, 12 de xuño de 2011.

Por invitación da asociación viguesa "A Golpe de Pedal", o vindeiro domingo acudiremos á saída que organizaron, chamada "Ruta da auga".

Discorre por terras viguesas e morre en Redondela, serán en total 36 Km.

A saída ten lugar ás 11:00 da mañá (punto de encontro en Vigo "Aqualia", Rua Cantabria, s/n), e chegaremos bordeando a ladeira do monte ata Redondela.

O camiño por onde discorre é moi cómodo, ten un desnivel dun 3%. As vistas son formidables, xa que en todo momento divisamos a Ría de Vigo e Arcade, illa de San Simón, etc.
Finaliza a ruta nun lugar de descanso con mesas, onde faremos a comida. Por tanto, como sucede nestes casos, levaremos a nosa comida ao lombo e compartiremos cos demais.

Para estar á hora indicada, Arousa en Bici, organizará unha caravana que sairá ás 10:00 horas do aparcadoiro do supermercado "Dia" nas Carolinas.

Contamos con todos para pasar un bonito día.