Redes sociais

Desde Arousa en Bici e grazas á colaboración dun novo socio, Pablo Pérez Martínez, que se incorpora con moitas ganas e ilusión, ímonos embarcar nunha nova aventura que nos permitirá chegar coa nosa mensaxe a favor da bicicleta e da mobilidade sostible a unha maior cantidade de persoas.

Desde este momento, estamos nas seguintes Redes Sociais:


Aínda así, necesitamos a axuda de todos vós para chegar a mais xente, polo menos ao principio, por iso pedímosvos que nos sigades e convidedes ás vosas amizades a que o fagan. Tamén podedes facernos chegar aquelas fotos, noticias ou outras cousas de interese relacionadas coa bicicleta para que as publiquemos nas distintas redes sociais.

Semana europea da mobilidade

Estamos de volta. Despois deste parón imposto pola pandemia regresamos con novos pulos.
Este ano colaboramos co Concello de Vilagarcía con motivo da Semana Europea da mobilidade que ten como lema: POLA TÚA SAÚDE, MÓVETE DE FORMA SOSTIBLE.
Veleiquí o programa elaborado polo concello:

A continuación salientamos a nosa participación:
SÁBADO 18 ás 21:00h  Paseo nocturno en bici.
É unha das actividades que a nosa asociación organiza coa intención de fomentar o uso da bicicleta na cidade. Pretendemos demostrar que tamén de noite é posible
 

O percorrido é o habitual. A saída será no parque do Cavadelo, iremos a Vilaxoán e a Carril e voltaremos ao parque do Cavadelo. Ao final celebrarase un sorteo de accesorios ciclistas e outras cousas entre todos os participantes.
 

Procurade vir con casco, mascariña e iluminación na bici.
LUNS 20 ás 17:30  Ruta en bici pola Vía verde do Salnés dende o aparcamento do Pazo de Rubiáns (Procurade vir con casco e mascariña)