Páxinas

xoves, 2 de xuño de 2022

Día da bicicleta - Cambados

O vindeiro domingo día 5 de xuño celébrase en Cambados o día da bici que serve tamén como homenaxe a Ernesto Falcón, que foi director do Gran Premio do Albariño e da Ruta do Albariño Memorial Modesto Sánchez, Teto.
Arousa en Bici propón sumarse a este evento.

Saíremos do Parque do Cavadelo ás 9:30 h. Pasaremos por Vilaxoán, polo pazo de Rúa Nova ata a praza de Fefiñáns en Cambados para poder facer a inscrición.
A marcha ciclista en Cambados arranca ás 11:00 e terá un percorrido de 11 kilómetros (moi fácil) atravesando o casco urbano e pasando polas parroquias de Vilariño e Corbillón. Haberá premios para a bici máis orixinal, para a familia máis numerosa e para os ciclistas de menor idade e de maior idade, así como o sorteo de 6 bicicletas

  •     Ruta a Cambados
  •     Data: Domingo 5 de xuño de 2022
  •     Saída: parque do Cavadelo ás 9:30 h.

Contamos con todos vós e podedes facer partícipes as vosas amizades.
É obrigatorio o uso de casco. Cada un é responsable da súa seguridade.

DIFICULTADE: Moderada

Ningún comentario: