Aconsellámovos que leades o artigo publicado no blog do pais http://blogs.elpais.com/love-bicis/ que expresa moi ben a nosa postura en canto ao uso da bici e aproveitamos para desexarvos un feliz 2012 con moitas ganas de mellorar a mobilidade sostible.Blog oficial da asociación Arousa en Bici. Somos un grupo de persoas que utilizamos e promovemos o uso da bici na vida cotiá.
Feliz 2012
Aconsellámovos que leades o artigo publicado no blog do pais http://blogs.elpais.com/love-bicis/ que expresa moi ben a nosa postura en canto ao uso da bici e aproveitamos para desexarvos un feliz 2012 con moitas ganas de mellorar a mobilidade sostible.Magosto
A convocatoria será nos mesmos termos da anterior, é dicir:
- Saída do Cavadelo ás 11:00.
- Comida ás 14:00.
- Magosto a partir das 16:00.
Esperemos mais sorte neste segundo intento.
Saúdos.
12 de novembro: Magosto
FIN DE SEMANA EN GUIMARÃES (PORTUGAL)
Veleiquí o PROGRAMA:
Sábado ás 9:00h. saída do aparcadoiro do supermercado Lidl nas Carolinas.
Chegaremos a Guimarães cara as 11 horas. Deixase o equipaxe no hotel (Hotel Ibis)e vaise co coche ata o principio da Ciclovía, no lugar de Mesão Frio (para evitar unha subida continuada de 3 kms e con moito tráfico).
Despois de baixar as bicis dos coches iniciamos a Ciclovia (16 Kms.) que nos leva ata Fafe, onde comeremos no Restaurante AdegaPopular.
Despois de comer e un pequeno paseo, regresamos a Guimarães onde cearemos, ...
Domingo pola mañán: Despois do almorzo visita de Guimarães, comida (non reservada) e retorno a Vilagarcia.
O transporte é por contade cada un, pero sería posible que algún membro de Arousa en Bici se fixese cargo do transporte dalgunha bicicleta, sempre que se avise con antelación.
Os interesados terán que enviar un correo electrónico (arousaenbici@gmail.com) antes do xoves 13/10/2011á Asociación, indicando:
- Nome
- Teléfono de contacto
- Número de persoas interesadas.
En caso de non disporde correo pódese comunicar a calquera membro da directiva ou natenda de bicicletas Motobazar.
Como mostra pódese verunha galería de fotos pinchando nos enlaces seguintes:
Imaxes1
Imaxes2
Anímate e anótate! Seguro que pasaremos unha boa fin de semana,disfrutando coa bici, coa comida portuguesa e coa cidade de Guimarães (cidade europea da cultura o vindeiro ano).
Precisións:
Hotel Ibis. 42 euros habitación doble sin almorzo.
Adega Popular de FAFE: Comida a 15 euros aproximadamente.
A Padrón coa merenda
Domingo 9 de outubro de 2011
Como transportamos nosa propia comida, pararemos dependendo das circunstancias nalgún lugar agradable dos moitos que existen polo percorrido.
Saida Ourense
Paseo fluvial sobre o río Miño.
- 11:00 Encontro na estación de autobuses de Ourense (Está perfectamente indicada, saíndo da autovía pola 1ª saída).
- Iremos en coche ata o encoro, pola estrada de Ponferrada.
- 11:30 Saída en bicicleta ata a pasarela de Outariz, a través da marxe esquerda do río.
- 12:45 Chegada ás termas de Outariz, con posibilidade de baño, polo que se lembra a necesidade de levar bañador.
- 14:00 Subida ata o pobo de Untes onde comeremos en casa Silvino (especialidade en anguías fritas, pementos de arnoia…).
- 16:30 Retorno ao coche.
- Posibilidade dun último baño rápido.
- 19:00 Retorno a casa.
SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE
Semana Europea da Mobilidade
Do 16 ao 22 de setembro de 2011
PROGRAMA
DO SÁBADO 17 AO XOVES 22
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS E BICICLETAS ANTIGAS
Pavillón feiral de FEXDEGA
SÁBADO 17
12:30 horas
Inauguración da Exposición de Fotograafías e bicis antigas.
Pavillón feiral de FEXDEGA
21:30 horas
Paseo nocturno en bici.
Saída do parque do Cavadelo.
Percorrido: O Cavadelo, Vilaxoán, Vilagarcía, Carril, O Cavadelo.
DOMINGO 18
13:00 horas
Talleres de reparación e mantemento de bicicletas.
17:00 horas
Proxección da Película La Bicicleta de Sigfrid MONLEÓN
DO LUNS 19 AO XOVES 22
de 18:00 a 20:30 horas
Talleres de reparación e mantemento de bicicletas.
Charlas de educación vial e proxeccións.
Circuito de Educación Vial (uso libre).
Pavillón feiral de FEXDEGA
MARTES 20
12:00 horas
Carreira de Medios
Saída Praza de Galicia
-
Como habitualmente facemos ao comenzo do verán, o vindeiro sábado día 15 de xullo de 2023 ás 21:30 horas a Asociación Arousa en Bici en c...
-
En este blog iremos publicando noticias relacionadas con el uso de la bicicleta y actividades organizadas por la asociación.
-
Día D: 17 julio 2009; hora H:12,30. Son las referencias cronológicas que marcan un antes y un después, la inauguración del servicio público ...