FIN DE SEMANA EN GUIMARÃES (PORTUGAL)

O vindeiro fin de semana (15 e 16 de outubro 2011) propoñemos unha viaxe a Guimarães.


Veleiquí o PROGRAMA:


Sábado ás 9:00h. saída do aparcadoiro do supermercado Lidl nas Carolinas.

Chegaremos a Guimarães cara as 11 horas. Deixase o equipaxe no hotel (Hotel Ibis)e vaise co coche ata o principio da Ciclovía, no lugar de Mesão Frio (para evitar unha subida continuada de 3 kms e con moito tráfico).

Despois de baixar as bicis dos coches iniciamos a Ciclovia (16 Kms.) que nos leva ata Fafe, onde comeremos no Restaurante AdegaPopular.

Despois de comer e un pequeno paseo, regresamos a Guimarães onde cearemos, ...

Domingo pola mañán: Despois do almorzo visita de Guimarães, comida (non reservada) e retorno a Vilagarcia.

O transporte é por contade cada un, pero sería posible que algún membro de Arousa en Bici se fixese cargo do transporte dalgunha bicicleta, sempre que se avise con antelación.

Os interesados terán que enviar un correo electrónico (arousaenbici@gmail.com) antes do xoves 13/10/2011á Asociación, indicando:

  1. Nome
  2. Teléfono de contacto
  3. Número de persoas interesadas.

En caso de non disporde correo pódese comunicar a calquera membro da directiva ou natenda de bicicletas Motobazar.

Como mostra pódese verunha galería de fotos pinchando nos enlaces seguintes:

Imaxes1

Imaxes2

Anímate e anótate! Seguro que pasaremos unha boa fin de semana,disfrutando coa bici, coa comida portuguesa e coa cidade de Guimarães (cidade europea da cultura o vindeiro ano).

Precisións:

Hotel Ibis. 42 euros habitación doble sin almorzo.

Adega Popular de FAFE: Comida a 15 euros aproximadamente.

Ningún comentario: