Paseo fluvial sobre o río Miño.
O vindeiro domingo 02/10/2011,
organizaremos unha saída por Ourense, ao longo do paseo do río Miño un 10 Km.
en bicicleta.
Itinerario:
- 11:00 Encontro na estación de autobuses de Ourense (Está perfectamente indicada, saíndo da autovía pola 1ª saída).
- Iremos en coche ata o encoro, pola estrada de Ponferrada.
- 11:30 Saída en bicicleta ata a pasarela de Outariz, a través da marxe esquerda do río.
- 12:45 Chegada ás termas de Outariz, con posibilidade de baño, polo que se lembra a necesidade de levar bañador.
- 14:00 Subida ata o pobo de Untes onde comeremos en casa Silvino (especialidade en anguías fritas, pementos de arnoia…).
- 16:30 Retorno ao coche.
- Posibilidade dun último baño rápido.
- 19:00 Retorno a casa.
Esperamos pasar unha xornada
agradable.
Esperamos e desexamos a máxima
participación.
Rogamos a todos os interesados sírvanse comunicar a súa asistencia canto
antes, a través do noso correo electrónico ou persoalmente á directiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario