Sendas peonís e carrís bici no Salnés?

Santiago, 5 de xaneiro de 2015.- A Xunta de Galicia licita hoxe un contrato destinado a analizar os treitos de estradas autonómicas da comarca do Salnés nos que resulta conveniente desenvolver sendas peonís ou vías ciclistas en estradas de titularidade autonómica para fomento da mobilidade sostible. O goberno autonómico inverterá máis de 100.000 € na redacción do estudo, no que se proporán actuacións concretas que favorezan os desprazamentos a pe ou en bicicleta. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas utilizará o produto destes traballos para programar un investimento de máis de 28 millóns de € de fondos europeos que o presuposto comunitario 2014-2020 destina ao fomento da mobilidade sostible en Galicia. 

Leer máis na páxina da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras.


Ningún comentario: