O vindeiro Sábado día 6 de xullo de 2013,
con saída ás 11:00 horas do Parque do Cavadelo en
Vilagarcía faremos a Ruta ata a Illa de Arousa.
- Dende o Parque do Cavadelo saíremos polo carril bici ata Vilaxoán, seguiremos polo Rial e pasaremos por As Sinas, Vilanova, Ponte da Illa e continuaremos ata o pinar do Furado (coa praia enfrente), onde faremos o pic-nic. Tamén se poderá desfrutar do mar e da praia.
- Percorreremos a Illa coas paradas necesarias para contemplar, descansar ou relaxarse. A meirande parte do percorrido é por itinerarios seguros: carril-bici, senda verde, camiños ou estradas pouco frecuentadas.
- Pensamos estar de volta en Vilagarcía cara ás 20 horas.
- Os asistentes son responsables da súa propia seguridade e de cumprir as normas de tráfico establecidas. Recoméndase o uso de casco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario