Semana Europea da Mobilidade (16 ao 23 de setembro)

Como de costume colaboramos co Concello de Vilagarcía con motivo da Semana Europea da mobilidade que ten como lema este ano: Participa nos Plans de Mobilidade da túa cidade: móvete na boa dirección!

Velaquí o programa:
  • Taller de aprendizaxe "Andar en Bici" (Para adultos. Estarán a disposición dos interesados bicicletas de Vaibike).
  • Taller de reparación de bicicletas (Tódalas idades)
> Paseo García de Caamaño (Xunto ao INEM)
Domingo 16 ás 17 horas. Repetiranse o domingo 23 á mesma hora se hai demanda.
  • Circuíto de educación vial (para escolares)
> Pavillón de Fexdega
Desde o luns 17 ó xoves 20, de 10h a 13h
Venres 21 de 10h a 13h e de 17h a 21h
Sábado 22 e domingo 23 de 17h a 21h
  • Charlas sobre seguridade vial e primeiros auxilios
> Pavillón de Fexdega
Desde o luns 17 ó venres 21, de 10h a 13h
  • CINE: La bicicleta de Pekín de Wang Xiaoshuai
> Auditorio municipal
Mércores 19 ás 19h30
  • CINE: La bicicleta de Sigfrid Monleón
> Auditorio municipal
Venres 21 ás 19h30
  • Paseo nocturno en bici
> Parque do Cavadelo (pasando por Vilaxoán, Vilagarcía, Carril, O Cavadelo)
Sábado 22 ás 21h

INVITÁMOSVOS a participar e que pasedes a invitación aos vosos familiares e amigos.

Ningún comentario: