O vindeiro Domingo 10 de xuño de 2012,
con saída ás 11:00 horas do Parque do Cavadelo en
Vilagarcía faremos a Ruta ata a Illa de Arousa.
ITINERARIO:
- Dende o Parque do Cavadelo saíremos polo carril bici ata Vilaxoán, seguiremos polo Rial e pasaremos por As Sinas, Vilanova, Ponte da Illa e continuaremos ata o pinar do Furado (coa praia enfrente), onde faremos o pic-nic. Se o tempo o permite tamén se poderá disfrutar da praia.
- Percorreremos a Illa coas paradas
necesarias para contemplar, descansar ou
relaxarse, . A meirande parte do percorrido é por itinerarios
seguros: carril-bici, senda verde, camiños ou estradas pouco
frecuentadas.
- Pensamos estar de volta en Vilagarcía cara ás 20 horas.
- Os asistentes son responsables da súa propia seguridade
e de cumprir as normas de tráfico establecidas. Recoméndase o
uso de casco.
Baixa, excepto a subidiña
no Rial.
Animádevos a participar que seguro que pasaremos unha xornada divertida.
Animádevos a participar que seguro que pasaremos unha xornada divertida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario