Sábado 14 de novembro

O próximo día 14 de novembro realizaremos a Asemblea Anual Ordinaria da Asociación “AROUSA EN BICI”, coa seguinte Orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede da acta anterior.
  2. Memoria de actividades realizadas no ano 2008-2009.
  3. Propostas de actividades para o ano 2010.
  4. Balance económico.
  5. Presuposto económico para o ano 2010.
  6. Rogos e preguntas.

A reunión celebrarase no merendeiro de Fontefría no Xiabre, ás 16’30 horas en primeira convocatoria, e as 17:00 en segunda, coincidendo coa celebración do DÍA DO MAGOSTO. Se o tempo non o permite trasládase todo ao sábado seguinte, día 21 de novembro. Tamén pretendemos homenaxear ese día a algunha persoa que destaque polo uso cotián da bicicleta.


RESUMEN ACTIVIDADES:

20/12/2008: Participación na inauguración do servizo de préstamo de bicicletas en Pontevedra Pillabici. Fixemos unha valoración do servizo.


03/01/2009: Visita a Santiago para coñecer as bicis de uso gratuito. Encontro có Sr. Tuimil que nos explicou o funcionamento e puidemos ver as ventaxas e os defectos.

11/01/2009: Percorrido pola futura circun-valación de Vilagarcía de Arousa

14/02/2009: Cocido de carnaval en Cordeiro

Solicitude aparcamento Casa da Xuventude

01/05/2009 : Partícipación no día da bici en Cambados

10/05/2009: Día da bici en Vilagarcía

24/05/2009: Ruta polo Camiño Francés. Comida en Ribadumia. Participación no día da bici en Vilanova

06/06/2009: Participación no día da bici en Catoira.

13 e 14/06/2009: Vías verdes en Ponte da Lima

27/06/2009: Participación na volta á Illa de Arousa en Dorna

03/07/2009: Paseo nocturno en Vilagarcía

12/07/2009: Participación no día da bici en Vilalonga

17/07/2009: Inuguración das bicis de uso gratuito en Vilagarcía: VAIBIKE

29/08/2009: Participación no día da bici na Illa de Arousa

19/09/2009: Paseo nocturno en bici - Semana da mobilidade

27/09/2009: Ruta polo Salnés: Aromas de vendimia

28/09/2009: Entrevista coa Autoridade Portuaria

12/10/2009: Ruta Ramón Cabanillas en Cambados

18/10/2009: Paseo ciclista ata Padrón

Ao longo de todo o ano:

  • Varias entrevistas con Rosa Abuín
  • Creación e mantemento do Blog da Asociación.

14/11/2009: MAGOSTO NO XIABRE. Saía as 11 horas do Parque do Cavadelo. Comida conxunta no Xiabre ás 14 h. Magosto a partir das 16 horas.

Ningún comentario: